O Concello de Vilamartín estará na Baco Festa de A Rúa

O Concello de Vilamartín estará na Baco Festa de A Rúa
Este venres darase o pistoletazo de saída a V edición dá Baco Festa na Ponte da Cigarrosa, en Petín desde onde os “romanos” desfilarán ata O Aguillón.
Este ano introducese unha nova constante na festividade, a invitación dun concello da comarca a esta celebración. O Concello de Vilamartín será o convidado  e encargado de por en marcha a iniciativa.
En representación do municipio o alcalde, Enrique Álvarez Barreiro declarou ao noso medio que marcharán os «bombos de Vilamartín», o folión dos Viticultores. «Tamén se achegará á festa co soado pregoeiro, Xosé Fernández Pérez, quen reflexa perfectamente a cidadanía do noso, sendo tamén un gran investigador, historiador e coñecedor da historia da nosa comarca», declarou Barreiro.
No recinto do Aguillón, Vilamartín terá a súa propia caseta co fin de dar a coñecer integramente o pobo.
«Aurelio Branco Trincado presidente do IEV —Instituto de Estudos Valdeorreses— como estudiador da sociedade valdeorresa durante toda sua vida, estará alí cara ou público para dar o reflexo do que é o noso municipio e o que foi», engadiu o alcalde.
No posto asignado o Concello atoparánse os libros de Florencio Delgado Gurriarán —poeta da comarca— ademais de gravados de Xaime Prada quen foi profesor de debuxo non instituto de Ferrol. Faránse referencias ó Abade Ruiz de Padrón, quen tomou parte na elaboración da Constitución de 1812 en Cádiz, e foi amigo persoal tanto de Benjamin Franklin como de George Washington, ademais de organizar a resistencia contra as tropas francesas na comarca.
Os coveiros tamén participarán nesta celebración, dando a relucir as festas do territorio. Participaran tanto os de Arcos, coma os de Vilamartín e de Correxais. Tentando mostrar todo o potencial que temos na nosa comarca.

También te puede interesar