O Concello de Vilamartín buscará solucións para os arrastres das tormentas

14 julio, 2020
O Concello de Vilamartín buscará solucións para os arrastres das tormentas

O rexidor da localidade de Vilamartín destaca que ao arar as leiras e viñas de determinada forma provócanse arrastres hacia as carreteras

As últimas tormentas deixaron estragos en diferentes puntos da comarca de Valdeorras, entre eles Vilamartín, que viu como varias das carreteras que pasan polo municipio e levan a núcleos como Córgomo ou Portela, quedaron cubertos polo barro debido aos arrastres.

Por elo dende o consistorio queren eliminalos, xa que saben a que é debido: «Temos problemas sempre. Os viticultores con tal de aproveitar os terrenos ao máximo fan as plantacións verticais. Todo esto está ben pero cada vez que hai unha tormenta prodúcese un arrastre que vai a carretera e temos que limpala» destacou o alcalde da localidade Enrique Álvarez Barreiro.

Publicidad

O rexidor da localidade salientou que xa están traballando co técnico do concello nun informe que será enviado a Consellería de Medio Rural para dar solución a esta problemática: «Hai viticultores que optaron por non arar porque marchan coa capa de terra vexetal e a viña queda sin sustento, debido a esto ao final non se produce o arrastre. Todos saben que o mellor e arar, pero se o fan nese sentido imos ter problemas» destacaba Enrique Álvarez en referencia aos arrastres.

Tamén colocaron carteis informativos para todos os veciños xa que moitas veces chégase a arar a propia carretera, xa que esta conta cunha cuneta e un pasillo cun total de 2 metros de anchura: «Os agricultores para aproveitar salen arando e levantan o firme da carretera. Eso non se pode facer» afirmou Barreiro.

Volta ao rural

Respecto a volta da xente aos nuncleos ruráis, o alcalde de Vilamartín destaca que é positivo, e máis cando se reforman as diferentes vivendas que levan anos pechadas, pero iso conleva responsabilidades e obrigacións, malia que tal e como afirma Barreiro: «A administración é lenta e engorrosa. Ahí temos bastante traballo en canto a axilizar trámites, pero ao final dependemos unhas doutras».

Poñendo como exemplo diferentes casos onde tamén debe intervir a Confederación Hidrográfica Miño-Sil ou Patrimonio pedindo paciencia aos veciños: «Moita xente ten razon, hai cousas que se poden resolver dende o concello pero a lei non o permite».

Se queres escoitar todo o que comentou Enrique Álvarez Barreiro, alcalde de Vilamartín, podes facelo na seguinte ligazón:

También te puede interesar