O Concello da Rúa lanza a súa programación de cine

11 enero, 2019 A RÚA , ACTUALIDAD , BREVES
O Concello da Rúa lanza a súa programación de cine

O Concello da Rúa ven de anunciar a programación de cine que estreará o vindeiro venres día 18 de xaneiro. Ese día será o turno da película Aquaman, que tamén se proxectará o sábado, domingo e luns seguintes. Os horarios, venres 18 ás 22:00 horas, sábado 19 ás 20:00 e ás 23:00 horas, o domingo 20 ás 20:00 horas e o luns ás 22:00 horas. O filme El Grinch acompañará ó primeiro en horario infantil, sábado 19 e domingo 20 ás 17:00 horas.

O mes de xaneiro tamén contará con outra película de éxito nacional, Bohemian Rhapsody, o seguinte venres día 25 ás 22:00 horas, o domingo 27 ás 20:00 e ás 23:30 horas e o luns ás 22:00 horas.

O mes de febreiro estrearase no cine co filme Super López, o venres día 1 ás 22:00 horas, o sábado 2 ás 17:00 e ás 20:00 horas, o domingo 3 ás 17:00 e ás 20:00 horas e o luns 4 ás 22:00 horas. As últimas películas programadas para o mes de febreiro serán Glass, o venres día 8 ás 22:00 horas, o sábado 9 ás 20:00 e ás 23:00 horas, e o domingo 10 ás 20:oo horas. O filme Ralph Rompe Internet proxectarase en horario infantil, o sábado 9 e o domingo 10 ás 17:00 horas.

También te puede interesar