O Concello da Rúa dará os últimos pasos para cubrir a praza de auxiliar

13 septiembre, 2018 A RÚA , ACTUALIDAD
O Concello da Rúa dará os últimos pasos para cubrir a praza de auxiliar

O alcalde da Rúa, Luis Fernández Gudiña saiu ó paso das declaracións do voceiro do PP, Avelino García Ferradal cando éste amosou a súa preocupación ante a posibilidade de que a convocatoria dunha praza de auxiliar administrativo para o Concello da Rúa, prescriba. García Ferradal argumentou que a praza foi convocada no 2015 e dende entón está sen cubrir.

Pola súa banda o alcalde, explicou que «a praza convocouse no mes de agosto de 2016» e que a norma establece que son tres anos para levar a cabo unha oposición coma esta polo que «os opositores poden estar tranquilos porque todavía hai tempo ata agosto do 2019». Explicou Fernández Gudiña que no momento actual o concello está «dando os últimos toques á composición do tribunal para iniciar as probas; calculamos que nos próximos días o tribunal xa quedará constituido e poderemos proceder a informar á poboación por tódalas vías e así poder concluir canto antes esta oposición»

En junio do ano 2017 facíanse públicas as listas de admitidos e dende entón, explica o rexidor, están esperando para poder iniciar as probas canto antes, algo que «é o desexo do concello», conta.

También te puede interesar