O Concello da Rúa convoca a V edición do concurso “Olladas de igualdade”

7 febrero, 2020
O Concello da Rúa convoca a V edición do concurso “Olladas de igualdade”

Os partipantes terán de prazo ata o vindeiro 6 de marzo, mentres que o veredicto faráse público o 10 dese mesmo mes

O Concello da Rúa ven de presentar a V edición do concurso fotográfico “Olladas de Igualdade“.

Para participar no mesmo, as instantáneas deberán reflexar o traballo da muller tanto remunerado como non remunerado, así mesmo deberá reflexar a reafirmación de igualdade entre mulleres e homes.

O prazo para entregar as fotografías abarcará dende o vindeiro 17 de febreiro ata o 6 de marzo, mentres que o xurado deliberará o 9 dese mesmo mes para dar a coñecer aos vencedores o 10 de marzo.

Os permios son de 150 euros para o primeiro clasificado, 75 para o segundo e 50 para o terceiro.

Publicidad

As fotografías poderán ser en branco e negro ou en cor, non estarán admitidas as fotomontaxes pero si se aceptarán as que estén pasadas por un programa de procesamento de imaxe.

Os tamaños de entrega poderán ser entre 18×24 cms e 30×40 cms, establecendo un límite de dúas fotografías por concursante. Dende o consistorio rués habilitaron un espazo web para poder consultar o resto de bases do concurso.

También te puede interesar