O colexio de Vilamartín recibe o premio do Plan Proxecta de Innovación Educativa

24 mayo, 2019 ACTUALIDAD , VILAMARTÍN
O colexio de Vilamartín recibe o premio do Plan Proxecta de Innovación Educativa

Carmen Pomar, conselleira de Educación, fixo hoxe entrega do premio ao centro de ensino valdeorrés

O CEIP Xosé Manuel Folla Respino acadou un dos premios do Plan Proxecta de Innovación Educativa 2018, o accésit na categoría A, na que están incluidos, ademáis dos colexios de educación infantil y primaria, as escolas de educación infantil, colexios rurais agrupados e centros de educación especial.

A conselleira de Educación, Universidade e Formación Profesional, Carmen Pomar, presidiu na xornada do 24 de maio, o acto de entrega dos premios, cos que se recoñece e visibiliza a calidade dos traballos que desenvolveron 10 centros educativos de Galicia ao abeiro do Plan Proxecta. Dentro da provincia de Ourense, o centro valdeorrés acadaba o premio xunto co IES Celanova Celso Emilio Ferreiro.

O colexio de Vilamartín conta cunha longa traxectoria no Plan Proxecta, ao que se incorporou dende os seus inicios no curso 2012/13. Logrou vertebrar a acción educativa e implicar a todo o alumnado e profesorado a través de cinco programas, en concreto Aliméntate ben, Axenda 21 escolar de Galicia, Paisaxe e sustentabilidade, Recíclate con Sogama e Protexe os animais. Con este último desenvolveron un amplo e variado número de actividades: dende a visita da protectora de animais Peludines Callejeros de Valdeorras ou a observación directa do ciclo da vida das bolboretas, ata a fabricación dun ovoscopio, entre outras.

No acto celebrado hoxe, Carmen Pomar quixo agradecer a labor dos docentes implicados no desenvolvemento destes traballos. «Confiastes nos proxectos, puxestes neles toda a ilusión e o esforzo. É bonito ver premiada a capacidade de promover unha educación activa e a contribución á mellora da calidade educativa», explicou.

A dotación total dos galardóns ascende a 28.000 euros; os primeiros obteñen 6.000 euros cada un, os segundos 4.000 e os terceiros 2.000 euros.

También te puede interesar