AUDIO. “O Camiño dos Paxaros” e os nenos do Barco

16 diciembre, 2017 ACTUALIDAD , AUDIO , CULTURA , GALERÍAS , PROTAGONISTAS
AUDIO. “O Camiño dos Paxaros” e os nenos do Barco
AUDIO. “O Camiño dos Paxaros” e os nenos do Barco
AUDIO. “O Camiño dos Paxaros” e os nenos do Barco
AUDIO. “O Camiño dos Paxaros” e os nenos do Barco
AUDIO. “O Camiño dos Paxaros” e os nenos do Barco
AUDIO. “O Camiño dos Paxaros” e os nenos do Barco
AUDIO. “O Camiño dos Paxaros” e os nenos do Barco
AUDIO. “O Camiño dos Paxaros” e os nenos do Barco

“Andaba buscando o meu camiño e atopeino facendo teatro para nenos”. Así resume Magín Blanco a súa nova traxectoria profesional, adicada aos máis pequenos, na que volve a sorprender sobre as táboas do Teatro Lauro Olmo do Barco co seu último traballo O Camiño dos Paxaros.

A comezos do mes de decembro máis de 500 alumnos de primaria dos colexios da vila puideron disfrutar da súa obra, da que non sairon indiferentes. A máis de ún gustoulle iso do “chu chu chuuuu” que facía un tipo mentres bailaba…

O tipo en cuestión, un Magín Blanco “máis feito, máis maduro” ainda que as veces esquece o texto e pasa nervios ante espectadores tan esixentes, porque “ainda non estou afeito a tal cantidade de texto, menos mal que está Marian para ir detrás dela”, explica. Refírese a Marian Bañobre, que se sitúa en escea  xunto a él e que asegura pasalo moi ben ao seu carón, apostando pola nova faceta de actor do seu compañeiro “da que ambos disfrutaremos moito máis se cabe cando teñamos a obra máis rodada”.

O Camiño dos Paxaros, sendo una obra dirixida a público infantil, ten momentos moi diversos. Segundo explica Magín Blanco, “nas cousas que se fan para nenos hai moita afición a sobre estimular, pero nesta obra hai partes bastante delicadas e partes con máis ritmo, todo cabe”.

Certo é que os adultos asistentes ao espectáculo teatral atopan nel as emocións máis escondidas mentres que os nenos disfrutan da obra doutro xeito máis lúdico, “porque os nenos aceptan a situación mellor que os adultos, temos que aprender deles”, asegura Marian.

A obra retrata a dureza da vida a través dunha historia de superación persoal dun rapaz, contada a través da música e da interpretación. Despóis da estrea da obra en Boiro, e as actuacións en A Coruña e O Barco, o día 26 de decembro actuarán de novo en Barbadás e o 27, na Mostra de Teatro Infantil de Ourense.

También te puede interesar