O Camiño de Inverno, presente en FITUR 2018

18 enero, 2018 ACTUALIDAD , CAMIÑO INVERNO , CULTURA
O Camiño de Inverno, presente en FITUR 2018
O Camiño de Inverno, presente en FITUR 2018
O Camiño de Inverno, presente en FITUR 2018

O Camiño de Inverno chegou este ano ata á Feria Internacional de Turismo FITUR 2018, lugar onde se promocionará o seu percorrido dende o mércores día 17 de xaneiro, coa inauguración oficial da feria, ata o vindeiro día 21 de xaneiro. Cun stand propio e baixo o slogan Camiño Xacobeo de Inverno, un percorrido inesquecible, daranse a coñecer as 10 etapas e os 259 km que o compoñen, dende Ponferrada ata Santiago de Compostela. No stand, segundo adianta Asunción Arias, presidenta da Asociación Amigos do Camiño de Inverno por Valdeorras, “contarase con abundantes exemplares da guía oficial que a editorial Pena D’Auga encargouse de repartir de forma gratuita para a promoción do Camiño”.

O obxectivo principal é dar a coñecer unha alternativa ao caminante para a súa peregriñaxe a Compostela, que cada vez cobra máis forza. E é que os datos proporcionados pola Oficiña do Peregrino de Santiago falan por sí sós: no ano 2016, os camiñantes rexistrados foron 287. Un ano máis tarde, no 2017, a cifra duplicouse cun rexistro de 555 peregrinos que elexiron esta ruta. Para a presidenta da Asociación, a estas cifras aínda pódenselle engadir todos aqueles peregrinos que non se achegan a pedir a Compostela porque “moitos dos que elixen o Camiño de Inverno xa teñen feito outros camiños xacobeos”.

Ante este notable incremento, o principal para Asun Arias é “poder ofrecerlle ao peregrino, entre todos, unha boa hospitalidade, servizos e atención”, motivo polo que a Asociación comezou “a contactar cos que se adican á hostelería e restauración” onde habitualmente o peregrino fai unha parada para tomarse un café, pernoctar ou xantar. A idea, segundo relata, é “sensibilizalos, informalles do feito real do número de camiñantes que cada día pasan por aquí”.

Realmente, ao Camiño de Inverno “neste momento, fáltanlle lugares onde se poda tomar un respiro ou poder quedarse a dormir”, afirma a presidenta da Asociación.  E destaca, dentro da comarca, a etapa de A Rúa – Quiroga, con 27,4 km, na que “non é doado atopar onde poder descansar e recuperar forzas”.

Pretende a Asociación “evitar que os visitantes teñan que desprazarse a outros lugares porque non poden acceder aos servizos tan básicos”. Así, o primeiro paso dos establecementos que así o desexen, sería “chamar a atención dos peregrinos cos símbolos característicos do Camiño que son de pouco uso na comarca”, explica.

De sinais tamén falaron os membros da Asociación cos concellos da comarca. “Temos a teima de insistir aos entes públicos que resolvan a limpeza dos tramos do Camiño porque as herbas supoñen un perigo engadido para o camiñante ao tapar os sinais que indican os desvíos dos camiñantes e as veces, pérdense”.

También te puede interesar