O Bolo renova as luminarias do pobo de Santa Cruz

25 enero, 2018
O Bolo renova as luminarias do pobo de Santa Cruz
Publicidad

Preto de 90 luminarias do pobo de Santa Cruz, no concello de O Bolo, foron renovadas e cambiadas por outras tantas de última xeración co obxectivo de “acadar unha mellor eficiencia enerxética e aforrarlle ao concello entre os 3.500 e 4.000 euros anuales na factura da luz”. Así o explicaba o alcalde, Manuel Corzo, que apuntou que “a esta obra tamén se suman a renovación necesaria dos cadros eléctricos” o que tamén suporá un aforro similar. Desta vez, segundo explica, “os 30.000 euros que custa a obra saen do propio Concello, sen axudas”.

Para o que sí teñen solicitada unha axuda é para a renovación de todas as luminarias da zona, máis de 700, obra “que supón un custe total de 340.000 euros dos que tamén poremos preto de 70.000 euros”. Do resto do orzamento, en caso de ser aprobada a obra, farase cargo o Instituto Enerxético de Galicia (INEGA). O cambio de todos os puntos de luz do concello suporía un aforro anual de máis de 20.000 euros.

También te puede interesar