O BNG leva ó Parlamento o aprazamento das consultas de pediatría

14 noviembre, 2019 ACTUALIDAD , O BARCO
O BNG leva ó Parlamento o aprazamento das consultas de pediatría

Noa Presas pide a Almuíña que faga públicas as listas de espera de pediatría no hospitais de Ourense

A deputada do BNG, Noa Presas, a través dunha pregunta parlamentaria recriminou ao titular de sanidade, Jesús Vázquez Almuiña de «ocultar os datos das listas de agarda de pediatría nos hospitais de Verín e o Barco» polo que pediu que «faga públicas as listas» dos tres hospitais do CHUO, do hospital de Verín e do hospital de Valdeorras”.

Para Presas, resulta inadmisible que un neno ou nena da provincia de Ourense non teña os mesmos dereitos que noutras partes de Galiza. Nas comarcas  ourensáns, explicou «hai 30.386 menores de 15 anos e acabamos de coñecer, a través dos medios de comunicación, que existen “1.200 citas de pediatría do Hospital de Ourense aprazadas”, segundo confirma o xefe de pediatría do CHUO».

Sobre a situación no Barco de Valdeorras, a nacionalista afirmou que: «Hai un grande número de consultas programadas suspendidas e foi o propio Tribunal Superior de Xustiza de Galiza quen trasladou, entre outros problemas, que “de Ourense ao Barco non se chega en 20 minutos”». «Recordeino como unha cuestión máis que pon de relevo a falta de planificación do Sergas e a falta de solución que sexan realistas para poder ter un servizo de pediatría digno», aclarou este medio.


Publicidad

Explica que, en Valdeorras tíñase imposto un sistema de gardas localizadas —son máis económicas que as presenciais, segundo ela mesma subliña— de médicos con contratos temporais en Ourense. Este tipo de gardas esixen aos médicos presentarse no hospital nun prazo máximo de 20 minutos desde que son avisados. «Eso é físicamente imposible. Tu non podes estar durmindo en Ourense e en 20’ no Barco de Valdeorras», recalca.

Respecto á falta de pediatras e  que estes abandonen o posto de traballo no hospital do Barco, culpa á organización da EOXI — estructuras organizativas de xestión integrada— e as malas condicións laborais.  «Os e as pediatras de Ourense non se evaporan, moitos deles marchan a traballar a outras partes de Galiza, xa non o fan a outras partes do estado ou do mundo. Marchan porque hai mellores condicións e organización e iso constata o fracaso da Eoxi de Ourense», sostén a parlamentaria.

Concluíu pedindo á consellería de sanidade que abandone  a súa  política de desmantelamento encuberto e  condicións abusivas aos traballadores e traballadoras. Hoxe, dixo, «ten vostede a oportunidade de comprometerse para que as crianzas de Ourense teñan garantías dunha atención pediátrica digna e propia. Deste século e non do Medievo».

También te puede interesar