O Barco únese ao campamento intermunicipal en Vilarbó

12 junio, 2019 ACTUALIDAD , O BARCO
O Barco únese ao campamento intermunicipal en Vilarbó

O venres 14 de xuño é o día elexido para facer a inscrición de todos aqueles rapaces interesados

O Concello do Barco participa un ano máis no campamento intermunicipal organizado polo Concello de As Pontes, no que participarán nenos e nenas doutros tres munipios máis como son Malpica, Viana e Arteixo. O lugar elexido de realización é Vilarbó, localidade situada en plena fraga atlántica pertencente ás Fragas do Eume.

A oferta divídese en dous iniciativas. A primeira, o Campamento Multiaventura, dirixido a nenos e nenas de entre 12 e 17 anos de idade, e que terá lugar entre o 5 e o 17 de xullo. O prezo é de 249 euros – inclúe transporte – e as actividades máis destacadas inclúen deportes de auga, canoa, paintball, volei, roteiro, descenso do Eume, animación, visita Ás Pontes, gimkana, e moitos xogos nos que participar.



A segunda opción, o chamado Campamento Robinson, vai dirixida a nenos e nenas de 6 a 11 anos de idade e terá lugar entre o 19 e o 26 de xullo. O prezo é de 178 euros e entre as actividades, se destacan as acuáticas, os obradoitos, artelladas, roteiros, gymkanas e rastreos, ademáis de contar tamén, coma os máis cativos, cunha visita Ás Pontes.

Os nenos dormirán acompañados dos monitores, en tendas de campaña e contarán con instalacións fixas para comedor, aseos, duchas, dous espazos para talleres, sanidade e dirección.


Publicidad

A fase de preinscición terá lugar o venres 14 de xuño, en horario de 8.30 a 15.00 horas, no 3º andar do Edificio Multiusos do Concello do Barco, ou chamar ao 988320202 extensión 1122.

Se desexas escoitar a entrevista feita ao concelleiro de deportes Aurentino Alonso, fai clic na seguinte ligazón:

También te puede interesar