O Barco sufrirá cortes de auga na noite do martes ao mércores

1 junio, 2020
O Barco sufrirá cortes de auga na noite do martes ao mércores

Este corte servirá para reparar unha avaría na saída do depósito regulador de auga de subministro domiciliario do Barco

A vila do Barco sufrirá na noite do martes ao mércores un corte de auga que se levará a cabo dende ás 23 horas da noite do martes ata a fin dos traballos que previsiblemente rematarán ás 5 da madrugada do mércores.

Publicidad

Esto e debido a que nos últimos días se detectou unha avaría na saída do depósito regulador de augas de subministro domiciliario do Barco de Valdeorras, facéndose preciso proceder á súa reparación de xeito inmediato, para evitar maiores problemas no futuro.

Co fin de provocar os menores trastornos posibles á cidadanía acordouse que os arranxos faránse pola noite, así recoméndase a veciñanza que, co fin de garantir tanto o subministro de auga nos seus domicilios como a hixiene, adopten as medidas necesarias para elo.

También te puede interesar