O Apalpador visita o Teatro Lauro Olmo

31 diciembre, 2018 ACTUALIDAD , AUDIO , NADAL 2018 , O BARCO
O Apalpador visita o Teatro Lauro Olmo

 

Aparece un home no escenario do Teatro Lauro Olmo, grande, con barba e cunha vestimenta, que ben nos pode recordar á de hai 40 anos. O mais cativos pensan que é Papa Noel, que chega cuns días de retraso. Pero na memoria popular, os de maior idade saben quen é: O Apalpador. Este carácterístico personaxe autóctono de Galicia non ven en trineo, nin come galletas con leite, pero tamén trae a felicidade aos nenos e nenas da nosa comunidade autónoma.

 

O Apalpador no Teatro Lauro Olmo do Barco

O Apalpador no Teatro Lauro Olmo do Barco

 

Este ano, durante a súa visita ao Barco de Valdeorras contou a súa historia a todos os que se achegaron a velo. En 60 minutos os presentes puideron averiguar a súa orixe, a qué se dedica e o seu día — que é o máis importante do ano—. Ademais no seu discurso tamén incluíu unha temática ecoloxista e fixo apelación ao consumismo imperante nestas datas.

 

O Apalpador contou a súa historia no TLO

O Apalpador contou a súa historia no TLO

 

Esta iniciativa de recuperar a figura do apalpador naceu no seo da asociación Gentalha do pichel de Santiago de Compostela. O proxecto consiste e percorrer os teatros da nosa comunidade autónoma, coa fin de devolverlle ao apalpador a relevancia que antano tivera na sociedade galega.

 

Publico asistente ao acto

Publico asistente ao acto

 

A acollida está sendo estupenda, aínda que ao principio os rapaces miran a este personaxe con un pouco de reparo, un par de contos bastan para que simpaticen totalmente coa figura do Apalpador.

 

DEspedida do Apalpador

DEspedida do Apalpador

 

Entrevista completa feita ao Apalpador:

 

También te puede interesar