O Anxeliño, tradición e devoción en Vilariño (O Barco)

23 febrero, 2019 ACTUALIDAD , AUDIO , GALERÍAS

A devoción ó Anxo da Garda patrón de Vilariño fai crer ós veciños de Vilariño que nada malo lles vai a pasar, sobre todo se teñen un accidente nun coche.

A Festa do Anxeliño celebrábase en Vilariño 7 semanas antes do Xoves Santo—o Xoves de Comadres ou o xoves anterior o Domingo de Entroido— pero, desde hai uns anos trasladouse a celebración o sábado e o domingo anterior ó Entroido.

Saída da procesión desde a igrexa

O Anxeliño sae dous días en procesión polo pobo, o sábado sube até a parte de arriba, a zona coñecida como O Ferradal e o domingo baixa até a Ladeira—o barrio de abaixo—. Fai uns anos tamén facían un día de festa no barrio do Castro, pero agora só se fai no centro do pobo.

Acio de uvas que leva o Anxeliño

O Anxeliño vai acompañado dun acio de uvas benditas e o rematar a misa os veciños collen un bago para que os protexa das enfermidades e os males. «Pedímoslle que nos coide e que nos protexa», di unha das mulleres que colleu un dos bagos do acio. Non falta a xente que vai ofrecida porque o Anxeliño interveu cando estaban enfermos e como gratitude escoitan a misa.

Nena que acaba de pasar por debaixo da imaxe do Anxeliño

É tamén costume pasar por debaixo da imaxe do anxo —eso sí, hai que facelo tres veces, nin unha máis nin unha menos— para que garde a persoa que pasa. Normalmete son nenos pero tamén algún adulto fai os tres pases para encomendarse o Anxo da Garda.

Imaxe de Santa Rosa baixando do Ferradal

Ademais de procesionar ó Anxeliño, os fieis sacan a Santa Rosa e a o San Xosé, son outros santos que hai na igrexa e que non teñen día propio de celebración.

A lenda do Anxeliño

Pili unha veciña de Vilariño contoulle a este medio a lenda do protector dos habitantes do pobo e dos arredores, a ela contóullela a súa nai, e a súa nai a vez a súa, porque así é como xorden e como se transmite xeración a xeración as tradicións e o sentir dos pobos.

A imaxe do anxo é portada por homes mentres que a de Santa Rosa levana as mulleres

«Viñeron uns homes de Alixo que eran de Soulecín, e cando pasaron por onde está hoxe a igrexa viron un santiño pequeno e decidiron levalo para o seu pobo, cargárono o lombo pero a medida que se afastaban  o santo pesaba cada vez máis, e o chegar ao regueiro —arroio que separa Vilariño de Soulecín— xa non puideron con el e, por tanto non puideron pasar a ponte. Entón, decidiron devolvelo ao seu sitio. A medida que se achegaban ao lugar onde o colleran o anxiño pesaba cada vez menos». Tamén relatou Pili que despois deste episodio os parroquiais decidiron construír una igrexa para gardar ó anxo.

Publicidad

Conta esta veciña que ó «Anxeliño» protexe as xentes de Vilariño, sobre todo nos accidentes de tráfico. «Ninguén do pobo morreu nun accidente, pódense marcar pero a ninguén lle pasou nunca nada».

Os anxos están presentes en toda a igrexa, incluso na pía de auga bendita

Se queres escoitar a entrevista completa de Pili Paradelo, veciña de Vilariño, fai clic na seguinte ligazón:

Festa para todos despois da misa

A festa que comezou onte a noite co campionato de tute no bar do pobo seguirá hoxe coas sesión vermú na praza do pobo. A tardiña inchables para os nenos e concurso de baile no descanso da orquestra.

A volta do Ferradal os parroquiáns fanlle un pasillo os santos para que pasen

Mañá de novo o Anxeliño sairá en procesión, desta polo barrio de abaixo e logo festa cun dúo ven coñecido polos veciños, como contaba, Roberto en Radio Valdeorras Onda Cero.

Se queres escoitar a entrevista completa de Roberto Paradelo, da asociación de veciños de Vilariño, fai clic na seguinte ligazón:  

A próxima cita coa festa en Vilariño será o primeiro fin de semana de maio cando se celebrará a Santa Elena.

También te puede interesar