viernes. 04.07.2025

Núñez e Carrera terceiros no Descenso do Miño de Ourense

portada

O encoro Ourensá de Velle acolleu unha nova edición do Descenso do Miño en Ourense.  Nesta  cuadraxésimo novena edición máis de  medio millar de deportistas, que representaron a 34 equipos de todo o territorio nacional, déronse cita o 24 de xuño no encoro.

Os homes das categorías sénior, xuvenil e veterano saíron de Os Peares as 17.30 horas para percorrer os 17 quilómetros que os separaban da meta situada a escasos metros da presa do encoro de Velle.  O K-2 tripulado por Brais Sánchez e Antonio Palmas, foi a primeira embarcación que chegou a meta, completando o recorrido en 1:03:21. Por outra banda, o resto de padexeiros tomaron a saída en Barra de Miño para percorrer 6,5 quilómetros.

A esta regata puntuable para as Ligas Galegas das categorías Veterano, Sénior, Xuvenil, tanto de homes como mulleres, acudiron 6 deportistas do Fluvial. O K-2 formado por Roberto García Núñez e Miguel Anxo Carrera Gómez quedou en terceira posición. Fernando García Viso entrou na meta no sexto posto e o barquense Aitor López Berciano fixo unha décimo segunda posición na categoría Sénior. Os outros participantes na proba do Fluvial foron Valdemar Berciano, Rubén Ondoño e o recente incorporado o club, Guillermo Daniel Fernández Fernández.

Mais, non foi esta a única proba na que o Fluvial participou esta fin de semana, xa que Joel Rodríguez Vega estivo presente na Copa España de Infantís, na que acadou un meritorio posto.

[df-caption title="Joel Vega participante na Copa España" url="http://somoscomarca.es/wp-content/uploads/2017/06/somoscomarca_piraguas_aveiga_joel_2016.jpg"]

Núñez e Carrera terceiros no Descenso do Miño de Ourense