«Noetiña» o documental de SocialDocs protagonizou o 8M en Petín

6 marzo, 2020
«Noetiña» o documental de SocialDocs protagonizou o 8M en Petín
«Noetiña» o documental de SocialDocs protagonizou o 8M en Petín
«Noetiña» o documental de SocialDocs protagonizou o 8M en Petín
«Noetiña» o documental de SocialDocs protagonizou o 8M en Petín
«Noetiña» o documental de SocialDocs protagonizou o 8M en Petín
«Noetiña» o documental de SocialDocs protagonizou o 8M en Petín
Publicidad

A lectura do manifesto de Mencia Yano deu paso a proxección do documental e a un taller de igualdade

O Concello de Petín adiantou os actos do 8M —como case que todos os concellos da comarca— á tarde do 6 de marzo. A proxección do documental Noetiña e un taller de igualdade entre as actividades da celebración do Día da Muller Traballadora.

A alcaldesa de Petín presentou os actos de celebración que comezaron ca lectura dun manifesto a cargo da escritora e veciña de Petín Mencía Yano. O evento que se celebrou na Casa da Cultura asistiron máis dunha trintena de veciños.  


Publicidad

Noetiña o documental de SocialDocs  no que estivo presente Domingo Díaz Docampo, director desta produtora que ademais de realizar contidos audiovisuais leva a cabo proxectos educativos. Noetiña conta a historia dunha moza duns 20 anos que quere seguir a tradición familiar sexa sociedade míraa con recelo», explica Domingo.  «O documental conta a historia de Noetiña  — aínda que se chama Jenifer recibe este alcume do seu avó Noeto— e da súa loita para seguir coa súa paixón que é navegar. Sen dubida o feito de ser patroa é un símbolo, un símbolo da liberación e de que as mulleres podan exercer o traballo que queiran», subliña o director Domingo Díaz.

Talleres de igualdade levados a cabo logo da proxección da curta

Logo da proxección da curtametraxe realizouse un taller de igualdade. Estivo impartido pola sexóloga e especialista de xénero Jeane Costa quen a partir dos contidos do documental realizou diferentes exercicios buscando a reflexión dos asistentes. A alcaldesa que tamén tomou parte na actividade recalcou estar moi contenta pola «gran participación e agradeceu que fora tan activa».

Cea da muller

Unha cea de mulleres que se celebrará mañá sábado, 7 de marzo porá fin os actos conmemorativos na vila. Está organizada pola asociación Fonte Grande da vila e terá lugar na Casa da Cultura —Teleclub— a partir das dez da noite. Para participar será necesario adquirir unha entrada cuxo prezo é de 16 euros.

Se queres saber o que nos contaron Raquel María Bautista, alcaldesa de Petín e Domingo Díaz, director de SocialDocs, dálle a seguinte ligazón:

También te puede interesar