A neve déixase ver nos cumios da comarca

11 enero, 2018 ACTUALIDAD , BREVES
A neve déixase ver nos cumios da comarca

Desde a tarde do 10 de xaneiro MeteoGalicia daba aviso por acumulacións de neve durante 24 horas. Nos altos das comarcas de Valdeorras e Terras de Trives a os chuvascos caeron en forma de neve nos cumios deixando en localidades como Casaio ate 5 centímetros de espesor.
Pouco a pouco irá subindo a cota de neve. Agárdase que a medida que avanza a tarde suban as temperaturas e os chuvascos remitan.
As temperaturas normais para esta época do ano, con valores que globalmente se atoparán sen cambios.
Cabe subliñar que nas estacións de Lardeira, Corzos ou Manzaneda as temperaturas baixaron ate os -4 ºC, con ventos que acadaron os 100km/hora en Xares ( A Veiga).
Pouco a pouco irán desaparecendo as choivas así como os refachos fortes de vento.

También te puede interesar