A neve déixase ver en cotas baixas da comarca

13 enero, 2018 ACTUALIDAD , CONCELLOS
A neve déixase ver en cotas baixas da comarca
A neve déixase ver en cotas baixas da comarca
A neve déixase ver en cotas baixas da comarca
A neve déixase ver en cotas baixas da comarca
A neve déixase ver en cotas baixas da comarca
A neve déixase ver en cotas baixas da comarca

A primeira hora da mañá a fronte que atravesaba a comarca deixaba neve por baixo da cota que se subliñaba nas predicións dadas por MeteoGalicia. De primeiras as nevaradas serían por riba dos 1000 metros pero a realidade e que a primeira hora da mañá, en torno as 8:00 horas nevou no Malecón do Barco, iso si, non chegou a callar.

O espesor por riba deses 1000 metros foi significativo na montaña de Lugo e Ourense, como nos deron a coñecer desde MeteoGalicia. Segundo a axencia galega de meteoroloxía a fronte vai discorrer bastante rápida cara a meseta polo tanto, en principio a situación vai a mellorar pola tarde, de feito a partir das 12:00 levantarase o aviso por nevaradas. Iso si, haberá que ter precaución coa neve que se acumulou durante as primeiras horas da mañá.

Que a nevarada caera  a pouca altitude no barco foi debido a que durante a madrugada o aire estivo moi frío e quedou no val, e aínda que a cota era por riba dos 1000 metros, o aire que quedou fría non foi quen de desfacer a neve e fixo que esta se deixase ver en puntos mais baixos.

 

Segundo nos din desde Meteogalicia isto estaba dentro das previsión xas se dera o aviso ata o mediodía de hoxe e pola tarde a situación tende a mellorar. A neve e a choiva caerán de feito moi illado durante o que queda de día.

Tamén hai que ter precaución ca neve nas estradas da comarca, xa que poden estar cortadas.

Neve no cruce de Biobra as 10:30 da mañá do 13 de xaneiro

Neve no cruce de Biobra as 10:30 da mañá do 13 de xaneiro

Fotos Alex Lorenzo y cedidas.

También te puede interesar