12 de diciembre de 2017, 19:24
Con motivo da chegada do Nadal, o Concello da Pobra de Trives elabora un programa destinado ao disfrute e entretemento de toda a veciñanza e visitantes, moitas das actividades desta programación están pensadas para disfrutalas en familia.
Dende o concello agardamos que este programa de Nadal con obradoiros, tardes e noites de cine, certames e festivais, ... sexa do agrado de todos e que logre que o vivamos dun xeito especial.
O luns e martes, 18 e 19 de Decembro o CIM da Pobra de Trives organiza un obradoiro para a elaboración de xabóns. Xa na tarde do mércores 20, ás 19:30h. os alumnos e alumnas da Escola Municipal de Música terán o seu Festival de Nadal. Seguindo con máis festivais nestas datas, o día seguinte, xoves 21, será o Festival De Nadal Dos Alumnos Do C.E.I.P. Plurilingüe Manuel Bermúdez Couso, no Auditorio Julio Vázquez ás 10:30h da mañá.
Tamén neste nadal os venres serán días de cine. O venres 22 é o turno de cine infantil coa proxección da película “Vaiana" ás18:00h.
no auditorio Julio Vázquez. Ese mesmo día, pero ás 22h. poderemos ver “El amor lo es todo, todo”. As seguintes sesión de cine serán o venres 29 con cine infantil novamente ás 6 da tarde coa película “Ballerina” e xa ás dez da noite proxectarase “Maudie, el color de la vida”. Todas elas no auditorio Julio Vázquez.
O sábado, 23 de decembro e seguindo a tradición arranca a maxia do nadal co lanzamento dos Farolillos Voadores na Barreira ás
20:00h. Este ano pretendemos que sexan uns faroliños solidarios onde cada persoa troque un quilo de comida non perecedeira por
un faroliño, para axudar á xente con menos recursos.
E metido de cheo no Nadal chega a visita de Papa Noel o día 24. Xa que os nenos son os grandes protagonistas destas datas, terán una ampla batería de actividades: o martes e o xoves 26 e 28 terán na Biblioteca Municipal un obradoiro de elaboración de títeres e un contacontos con eles. Por outro lado, un ano máis, o día 27 viaxarán a Pazolandia a disfrutar de todas as actividades que alí teñen preparadas ano tras ano. Os cativos que queiran ir deberán inscribirse en Santa Leonor.
O 30 de Decembro será o Certame de Corais coas actuacións da Coraliña e do Orfeón Trives , ás 20 h no Auditorio Julio Vázquez.
A entrada do ano farémola cunha actividade que cada vez atrae a máis xente. Martes e mércores, 2 e 3 de xaneiro teremos de novo un Curso de Defensa Persoal impartido por Javier Diéguez Nieto.
E o Apalpador quere visitar aos meniños de Trives, farao a través dun contacontos que terá lugar o mércores 3 de xaneiro no Auditorio Julio Vázquez, tentando repartir maxia e ilusión, aínda que os grandes encargados de encher aos nenos de maxia e ilusión chegarán o día 5. Ás 5 da tarde o Alcalde recibirá aos Reis Magos no balcón do Concello e dende alí seguirá a cabalgata ata o Auditorio Julio Vázquez
Ademáis deste amplo abano de actividades, durante todo o Nadal teremos dúas exposición abertas ao público:
-O sábado 23 de decembro abre as súas portas o Belén de El ías e poderáse visitar ata o 8 de xaneiro, en horario de maña
e 12:00h a 13:15h. e de tarde de 16:00h a 18:30h. nas dependencias do C.E.I.P. Manuel Bermúdez Couso.
-Ademáis temos unha fermosa exposición de fotografía de Carlos Temes “Simplemente Gente”. do 22 de decembro ata o 10 de x aneiro poderemos disfrutar dela na Sala de Exposicións de Santa Leonor. A súa inaguracióné o día 22 ás 17h.