Na praza de Vilamartín armouse o belén

26 diciembre, 2018
Na praza de Vilamartín armouse o belén
Publicidad

 

O ANPA do colexio de Vilamartín armou un belén vivinte na praza José Luís Núñez da localidade. O obxectivo, recadar fondos para facer actividades no colexio e felicitar as festas con unha bonita e entrañable estampa de Nadal.

 

María, San Xosé e o neno Xesús do nacemento vivinte de Vilamartín

María, San Xosé e o neno Xesús do nacemento vivinte de Vilamartín

 

Foi o 24 de decembro, véspera do Nadal, a data elixida polos membros da ANPA do CEIP José Manuel Folla Respino para montar un belén tan particular.

No nacemento integrado polos nenos e nanas do colexio, non faltaron a virxe, San Xosé, o neno Xesús, os Reis Magos, os soldados de Herodes. Ata había pitas e as ovellas e cordeiriños estaban preto dos pastores.

Puxeron a venda bolsas de caramelos e bombóns que tiveron moito éxito entre a xente que se pasou pola praza. Ese día tiña máis actividade do habitual, por coincidir coa feira do mes.

 

Ovellas e cordeiros que formaron parte do belén de Vilamartín

Ovellas e cordeiros que formaron parte do belén de Vilamartín

 

Desde a Anpa agradecen a colaboración dos cidadáns e para o vindeiro ano pensan repetir a experiencia.  «Para nos foi todo un éxito, nunca pensamos recadar tantos cartos, así que agradecerlle a todo o mundo que colaborou con nos, pais, avós, xente de fora que non teñen que ver co concello e tamén aportaron moito», eran as declaracións de un membro da ANPA.

Quixeron agradecer de forma expresa as colaboracións desinteresadas de Monte de Covirán por facer os traxes, o establecemento Pra Casa pola doazón das teas e deixarlles as pitas, o bar Acuarela por cederlles as ovellas e a José Pinto e Piza por conseguirlles a carpa. Tamén agradecen a Producións Musicais Antolín e o Concello o seu apoio e aos pais que deixaran ira aos nenos «aínda que do colexio foron poucos», recalcaron.

 

Os membros da ANPA e os rapaces do colexio formaron parte do belén

Os membros da ANPA e os rapaces do colexio formaron parte do belén

Non foi esta a única actividade da asociación de nais e pais do colexio, xa que tamén tomaron parte activa na actuación de Nadal disfrazándose de Reis Magos e repartindo agasallos entre os nenos e doces entre os maiores da residencia que foron a ver o festival.

 

Imaxe do festival de Nadal do colexio José Manuel Folla Respino

Imaxe do festival de Nadal do colexio José Manuel Folla Respino

 

 

 

Fotos Cedidas

También te puede interesar