A música tradicional inunda o Castelo de O Bolo

12 junio, 2017

Publicidad

Un centenar de músicos procedentes de distintos puntos do planeta e con instrumentos do máis variopinto, achegáronse este domingo ao Castelo de O Bolo na XXXII Xuntanza Internacional de Gaiteiros, declarado de Interese Turístico Cultural pola Xunta de Galicia.

Malia que o intenso calor foi coprotagonista desta cita anual, veciños e visitantes non quixeron perderse este espectáculo folclórico que nos retrotrae aos tempos da música máis ancestral.

O son das trompetas dende o alto do torreón anunciaban o inicio dos concertos, presentados por Manola Porto, xornalista de Onda Cero Monfornte.

Nesta edición, tiveron especial protagonismo as gaitas primitivas, aínda que instrumentos como o didgiridoo, tocado a ritmo de reggaeton por un músico australiano, conquistaron ao público pola súa orixinalidade.

Entre os músicos asistentes tamén estiveron os cantores de Seiura de Lentellais, de O Bolo, un músico de Armenia que toca o duduk, un dúo catalá, un dúo francés, as cantareiras da Real Banda, Xabier Blanco de Moaña, o Xiz Trío de Lugo, o investigador alemán Relf Gehier e un trío iraní que domina as gaitas máis primitivas do mundo da cornamusa. Ademais, este ano a organización homenaxeou aos gaiteiros portugueses: José María Fernández, Angelo Arribas e Henrique Fernandes.

Do peche desta xornada encargouse a Real Banda de Gaitas da Deputación. Ademais, o programa desta XXXII edición  completouse con conferencias, exposicións e actividades de carácter científico.

También te puede interesar