Montse Mallo: «Queremos premiar á xente que nos acompaña cada ano»

11 julio, 2018 ACTUALIDAD , AUDIO , VILAMARTÍN
Montse Mallo: «Queremos premiar á xente que nos acompaña cada ano»

A Festa Coveira de Arcos, en Vilamartín de Valdeorras, celébrase un ano máis, e xa van cinco», durante esta fin de semana, «chova ou non chova» explica Carlos López, membro moi activo da organización. Anuncia ademáis que «todo está preparado» cun «plan X», explica Montse Mallo, compañeira de organización. Entre os dous dan conta do que custa organizar una festa coma esta na que queren «premiar á xente que nos acompaña cada ano» nunha festa que consideran súa «dende sempre», con raigame e tradición, na que disfrutar dos que nos acompañan cada ano.

Para todos eles, haberá este ano sorpresas, «tanto na comida como no disfrute» porque queren premiar á xente de maneira divertida e participativa. Dez covas estarán á disposición dos que queiran participar, «levantadas en barro, de máis de 200 anos, que poden ser visitadas», conta Carlos. É por iso que aconsellan ir «con calzado cómodo, para disfrutar ao máximo, a sentarse na escaleira coma fixemos toda a vida», a disfrutar da zona.

O aforo da festa é de 1.000 persoas e as entradas están á venda por 10 euros anticipada, en Bar Macoque, Carnicería Carlos, e no 13/14. Doce euros custará aos que esperen a mercala no propio lugar da festa.

Se queres escoitar a conversación completa que mantivemos con Montse e Carlos, dalle click ao seguinte enlace:

También te puede interesar