Mari Luz Moldes: «Comezamos o curso con moita ilusión e ganas de facer moitas cousas»

6 octubre, 2018 ACTUALIDAD , AUDIO , CULTURA , GALERÍAS

O curso comeza no colexio Julio Gurriarán con «moita ilusión e ganas de facer moitas cousas» así o contaba M, Luz Moldes ao micro de Radio Valdeorras Onda Cero no espazo Menuda Tropa que se emite todos os mércores as 13:20 horas.

Mari Luz Moldes, directora do colexio Julio Gurriarán na conversa mantida con este medio

Mari Luz Moldes, directora do colexio Julio Gurriarán na conversa mantida con este medio

Nestes primeiros días estase a organizar o centro: comedor, patio, aulas, profesorado. No comedor este ano, dicíanos a súa directora que cambiara a empresa que lle subministra os alimentos, e de momento están moi contentos. Respecto ao patio, a principal novidade e a incorporación de un castelo de xogos onde estaba o cereixo. Está a ter tanto éxito entre os nenos que, hai que facer quendas para poder divertirse nel.

O castelo de xogos no patio, a novidade deste ano que está a ser moi exitosa

O castelo de xogos no patio, a novidade deste ano que está a ser moi exitosa

Outra novidade é o programa de radio que se fará desde a biblioteca. Esta é unha das partes fundamentais do colexio, non só polo préstamo de libros se non por ser o lugar desde onde se impulsa a poesía. M Luz Moldes comunicounos neste senso que, «desde o Ciclo Poético de Ourense se nos fixo unha mención honorífica, ademais hai dúas alumnas que prometen moito dentro do mundo da escritura». «Interesa moito a lectura xa que é a base para todo. Estamos elaborando os itinerarios  lectores por niveis para programar con autores ou cas editoriais para traballar en diferentes trimestres».

Imaxe de setembro do 2016 dun neno reclamado o pavillón

Imaxe de setembro do 2016 dun neno reclamado o pavillón

Respecto ao pavillón, Moldes dixo: « Nos falamos ca xefa territorial a mediados do verán y ela está en que se fagan as obras. Houbo tamén un pequeno problema porque tiveron que reelaborar o convenio entre concello e a Consellería, estamos a espera. Nos pensamos e consideramos que é muller de palabra e que vamos para adiante».

Os nenos do Julio Gurriarán celebrando Samaín o pasado ano

Os nenos do Julio Gurriarán celebrando Samaín o pasado ano

Neste trimestre as festas que se van a facer no centro son a a de Samaín/Haloween e o festival de Nadal. Samaín e Haloween prepárase en paralelo entre os profesores de educación física que fan os xogos no patio e os de inglés. Haberá como en anos anteriores concurso de cabazas e doces de todos os continentes, xa que no colexio que dirixe Moldes hai nenos de máis de unha decena de países distintos. «Aquí hai moitas culturas, procuramos que haxa unha boa convivencia entre todos. Eles nos aportan moitas cousas y se senten moi orgullosos cando nos traen as súas actividades, a súa historia, a súa forma de vida ou os seus doces típicos. Facemos recitas de todos os países y probámolos», asegurou a directora.

No patio xogando o corro da paraca

No patio xogando o corro da paraca

Outra das novidades e a introdución da robótica e a preparación de material para que os nenos que aínda non saben o idioma se defendan cuanto antes na nosa lingua. Esto era o que dicía M. Luz ao Respecto: «O ter nenos de diferentes idiomas estamos a preparar o material específico para eles. Facer un grupo de traballo para facer material para adquisición de linguas. Traballar vocabulario e expresións do día a día para que podan coller soltura no noso idioma e que despois eles podan traballar»

A clase dos máis maiores decorado cos planetas e estrelas

A clase dos máis maiores decorado cos planetas e estrelas

También te puede interesar