Mercedes Vázquez: «As ‘Mulheres’ son a esencia do seu mundo comunitario»

5 enero, 2019 ACTUALIDAD , AUDIO , CULTURA , PETÍN
Mercedes Vázquez: «As ‘Mulheres’ son a esencia do seu mundo comunitario»

A Casa da Cultura de Petín albega este Nadal o último proxecto fotográfico de Mercedes Vázquez, que leva por título Mulheres. A mostra forma parte dun traballo de investigación no que esta polifacética artista fai protagonistas as mulleres do rural a través de retratos tomados en aldeas de Galicia e o norte de Portugal.

A autora, namorada do mundo comunitario destas mulleres, convida á reflexión da súa forma de vida, da súa particular maneira de entender a realidade, «do seu amor pola terra, polas tradicións», conta. Hai anos, comezaba Mercedes Vázquez a fotografialas, logo de falar con elas, de coñecelas e de aprender moito das historias que lle contaron. «Trátase dunha xente especial, un pobo comunitario o de Pitois, no concello de Montealegre en Portugal, no que as mulleres facían de todo, coma os homes», relata.

Verdadeiramente un traballo difícil o de atrapar a esencia desas mulleres, que para Mercedes resultou case fácil «porque a esencia sale delas mesmas, porque elas son a propia esencia do seu mundo comunitario».

A fortuna quixo que un día a autora compartira algunhas desas instantáneas nas redes sociais e o director de cine petinés, Ignacio Vilar, as vira e se interesase por elas. Así comezaba a aventura de ir visitalas para coñecelas, e a petición á autora de traer esas fotografías a Valdeorras.

A exposición pode visitarse ata o vindeiro 10 de xaneiro na Casa da Cultura de Petín, en horario de 12:00 a 14:00 horas e de 18:00 a 21:00 horas.

Se queres escoitar a entrevista completa a Mercedes Vázquez, fai click na seguinte ligazón:

También te puede interesar