O Mercadiño de Nadal abre do 15 ao 17 con 24 postos

6 diciembre, 2017 ACTUALIDAD , NADAL 2017
O Mercadiño de Nadal abre do 15 ao 17 con 24 postos

Un total de 24 postos participan no Mercadiño de Nadal que abrirá as súas portas o próximo día 15, ás cinco da tarde na Praza do Concello do Barco. O Mercadiño, organizado pola Concellería de Turismo, complétase este ano cun curso de adornos florais, que se impartirá os días 13 e 14, no Edificio Multiusos.

No mercadiño poñeranse á venda marmeladas, doces, pan e empanadas, traballos artesanais, manualidades en tela e papel, queixo, cosmética natural e outros produtos, a maior parte deles elaborados por veciños do Barco e a comarca de Valdeorras.

Na xornada do venres os postos permanecerán abertos desde a hora de inauguración e ata as 20,30 horas, e o sábado e domingo a feira poderá visitarse entre as 11,00 e as 20,30 horas.

Doutra banda, a Concellería de Turismo organizou tamén un curso de confección de adornos florais, que se impartirá os días 13 e 14 de 20,00 a 21,30 horas na terceira planta do Edificio Multiusos. Para este curso, que será impartido por unha especialista do Barco, cóntase con unicamente 20 prazas. Os interesados poden anotarse desde o día 7 de decembro na Concellería de Turismo.

A programación do Nadal inclúe, un ano máis, a Carreira Popular Solidaria do Turrón, que chega á súa edición número 11, e celébraseo día 21 de decembro. As inscricións previas abriranse o luns día 11, e pecharanse o 20. Todos os asistentes que se inscriban, e dispoñan por iso de dorsal, participarán nun sorteo de agasallos ao finalizar a carreira. Tamén haberá premios para os nenos máis pequenos, parao mellor disfraz de Nadal individual e para o colectivo, así como para os corredores máis novo e máis veterano.

Os premios colectivos serán para a asociación que presente máis participantes, a empresa que teña máis empregados e o club deportivo que presente máis deportistas. Todos os asistentes con dorsal recibirán un vaso de chocolate. A carreira ten un importante compoñente solidario, xa que o seu principal obxectivo é a recollida de alimentos non perecedoiros para a súa entrega ao Banco de Alimentos.

También te puede interesar