Melisa Macía: «Ó que queira vir, deixámoslle un bombo e o que faga falta»

28 febrero, 2019 ACTUALIDAD , CULTURA , VILARIÑO
Melisa Macía: «Ó que queira vir, deixámoslle un bombo e o que faga falta»

A alcaldesa de Vilariño de Conso invita á xente a vivir o Entroido en estado puro

Todo preparado en Vilariño de Conso para comezar o Entroido. Así o descubrimos ao falar coa alcaldesa do municipio, Melisa Macía, que se mostra impacente pola chegada dunha das citas máis importantes do ano.

No balcón do concello vello cólgase o lardeiro e a lardeira

A celebración do xoves de comadres nesta localidade trasláse ao venres día 1 de marzo, ainda que hoxe non está prohibida a troula. «Vivimos dous días o xoves de comadres», bromea a rexidora, xustificando o traslado da festa para «aquelas persoas que visitan a zona na fin de semana, pensando un pouco neles».

Pequenos e grandes viven o Entroido

O venres tamén será o día dos máis pequenos, que en Vilariño tómano moi en serio, tanto que ata a gardería ten o seu propio desfile. «Temos nenos con un ano que xa bailan e xa tocan», conta a alcaldesa, invitando a ver o espectáculo que comezará a partires das 12.00 horas no CEIP San Martiño.

Os máis pequenos tamén forman parte importante no Entroido de Vilariño

Máis tarde, cara ás 20:00 horas, os folións encargaranse de anunciar a festa, procederase á colga da lardeira e celebrarase a xa citada cea de mulleres.

Pero en Vilariño de Conso, ademáis de saber tocar os tambores e bailar ao seu son dende moi cedo, tamén saben do bon comer, así o demostra o éxito da degustación de porco ao espeto do domingo día 2 de marzo, ou a xa famosa Festa do Cabrito, que este ano chega a súa terceira edición, e para a que «xa non quedan entradas», conta Macía.

Chova ou neve o disfraz non pode faltar

Pero aí non remata a sabiduría da xente de Vilariño. Tamén saben de concursos, e os haberá de todo tipo, aquel que poña a proba o mellor disfraz o domingo, aquel que xuzgue a mellor instantánea tomada nun photocall, ou o que otorgue o premio á mellor das carrozas que se presentes ao desfile. O caso é ter excusas para animar á xente a participar e vivir o Entroido.

Entroido do 2018

Despois da queima dos lardeiros e a última ronda de folións do martes de Entroido, chegará o mércores de cinza que pechará os días de maior troula do ano en Vilariño de Conso. Unha festa tradicional enraizada que perdura no tempo e que, como conta Melisa Macía, «queremos compartir con toda a xente que se achegue; e se alguen quere tocar, lle deixamos un bombo ou unha gadaña, o que faga falta».

Elas tamén se visten coa máscara

Para escoitar a entrevista completa de Melisa Macía, alcaldesa de Vilariño de Conso, faga click na seguinte ligazón:

También te puede interesar