Medio Rural anuncia inversiones para el oriente ourensano

7 agosto, 2018 ACTUALIDAD , CONCELLOS , LAROUCO , MANZANEDA
Medio Rural anuncia inversiones para el oriente ourensano
Medio Rural anuncia inversiones para el oriente ourensano
Medio Rural anuncia inversiones para el oriente ourensano
Medio Rural anuncia inversiones para el oriente ourensano

A conselleira do Medio Rural, Ángeles Vázquez, desprazouse ata o oriente ourensán para supervisar unha actuación subvencionada no marco do programa Leader, en Manzaneda, e para asinar un convenio relacionado coa prevención de incendios forestais en Larouco.

A conselleira,a cal estivo acompañada polo director xeral de Desenvolvemento Rural, Miguel Pérez Dubois, e pola delegada territorial da Xunta en Ourense, Marisol Díaz, destacou a importancia de ambas iniciativas “Habilitouse un sistema para facer a vida máis doada na residencia de terceira idade en Manzaneda, é en Larouco vimos de firmar un convenio que esperemos que sexa o mellor sistema do cal podan dispoñer na loita contra os incendios” afirmou a Vázquez.

En Manzaneda as autoridades coñeceron o proxecto de mellora das condicións enerxéticas e de confort térmico, salubridade e benestar no coidado de persoas maiores na residencia municipal da terceira idade Gabino García. Trátase dunha iniciativa promovida pola entidade local, que recibiu unha achega de fondos Leader de 134.922 euros para un investimento total de preto de 150.000 euros.

Nestas instalacións fixéronse obras de mellora para facilitar a vida dentro do centro tanto de inverno como de verán, co cambio dunha caldeira, e a instalación dun sistema de renovación e extracción de aire. Con estes labores acadouse un aforro de combustible de máis de 12.000 euros/ano. Tamén aproveitaron a viaxe para visitar a Cooperativa Amarelante, así mesmo o alcalde da localidade Félix Domínguez pediu a concentración parcelaria en 3 núcleos de poboación de Manzaneda, aunque non se chegou a porto.

A segunda parada do día para a Conselleira de Medio Rural foi o Concello de Larouco onde asinou co alcalde, Joaquín Prieto, un convenio de colaboración para fomentar a limpeza de matogueira mediante a adquisición por parte do concello dun tractor e dous apeiros para rozar. Medio Rural achegará un total de 102.850 euros para apoiar esta iniciativa, no contexto da prevención de incendios forestais, mentres que a entidade local aportará outros 32.000 euros.

Este convenio enmárcase nos acordos establecidos pola consellería con diferentes entidades locais galegas co fin de dotalas de maquinaria para a xestión da biomasa nos seus territorios.

También te puede interesar