Maribel Campos: «Estamos encantados e moi orgullosos da resposta da xente»

30 diciembre, 2018 ACTUALIDAD , AUDIO , CULTURA

As IX Xornadas de Teatro da Rúa clausuráronse hoxe, 30 de decembro, coa obra «A Voda do Esganarello» do grupo teatral A Ruada —organizadores das xornadas—. Estas xornadas estiveron marcadas polos cambios que o público agradeceu.

Presentadores da obra do grupo Abertal

Presentadores da obra do grupo Abertal

Moitos afeccionados ao teatro achegáronse ao Centro Cultural Avenida para desfrutar da derradeira obra das xornadas. A Voda do Esganarello está baseada na obra de Molière «Le mariage fatal», adaptada polos compoñentes de A Ruada «ao seu xeito», segundo nos contou Maribel Campos, unha das compoñentes do grupo antes do comezo da obra.

No comezo da representación da Voda do Esganarello

No comezo da representación da Voda do Esganarello

Seis representacións foron as que se levaron a cabo nestas Xornadas memorial Tito Macías que comezaron o 18 de novembro coas obras de Candea de Viana «O diñeiro o mellor compañeiro» e «Os Vilachá».  Este ano as xornadas segundo nos contaba Maribel a piques de saír a escena, houbo moitos cambios e estes foron ven acollidos polo público que foi, unha tras outra a cada representación. «Foi un experimento novo. Cambiamos de data, cambiamos de día e cambiamos de horario. Foi xenial, é inverno non tes a onde ir e viñéronse ao teatro», así o contaba Maribel.

Públco asistente a derradeira representación destas xornadas

Públco asistente a derradeira representación destas xornadas

Nas anteriores edicións das xornadas as representacións facíanse en maio e xuño, e o día da semana elixido era o sábado. O cambio animou máis ao público e houbo maior asistencia nesta última edición. A este respecto Maribel sinalaba: «Estamos encantados. Moi orgullosos de como respondeu a xente. Agradecidos para o público. Isto é o que é, sen o público non pode haber este tipo de actos e menos o teatro. Estamos moi contentos».

Maribel Campos na súa primeira saída a escena

Maribel Campos na súa primeira saída a escena

Estas xornadas organizadas pola Asociación Cultural de Teatro A Ruada, coa colaboración do Concello da Rúa y a agrupación de música tradicional Abertal —dous dos seus compoñentes foron os encargados de presentar a actuación, non sen antes tocar unha peza coas súas gaitas—.

Os compoñentes de Abertal tocando unha peza musical ao comezo

Os compoñentes de Abertal tocando unha peza musical ao comezo

También te puede interesar