María González: «Os servizos, o godello e o Camiño de Inverno son as bazas do futuro da Rúa»

9 abril, 2019

Publicidad

O BNG presentou a lista para as vindeiras eleccións municipais arroupado por Ana Pontón e Iago Tabarés

O BNG concentrou na Rúa a simpatizantes e militantes para a presentación da súa lista ás próximas eleccións municipais, encabezada por María González Albert. O acto estivo arroupado por Ana Pontón, portavoz nacional do BNG, e Iago Tabarés, candidato ao Congreso.

María González tras o seu discurso recibindo o agarimo de Ana Póntón

María González Albert falou de todos e cada un dos 11 membros da candidatura e os suplentes. Así, citou a Avelino Fernández Seco, o número 2 da lista, «o mellor concelleiro de Deportes que tivo o Concello»; Germán Alejandre Salgado, que «xunto a Roberto Quiroga, «me teñen axudado moito»; Marcos Fernández González,  persoa que dixo admirar profundamente; María Patricia Gómez Núñez, unha muller nova que «nos vai dar moitas alegrías no futuro»; Vanesa Corcoba González, unha incorporación «valiosísima»; Roberto Quiroga López,  «o corazón do BNG de A Rúa e Valdeorras que fixo que eu retornase á política»; Elena Nogueira Pérez, veterana na candidatura que sube na lista ao octavo posto como «recompensa» o seu compromiso; José Manuel López —«Tropas», que representa «o agarimo por esta vila»; Luisa Nogueira Nogueira —Marisa de Roblido—, á que lle deu «mil gracias» e, finalmente, Manoel Anxo Durán Blanco, un emblema da cultura e de Abertal.

Germán puño en alto cos demais membros da candidatura na primeira fila

Tan importantes como os integrantes da lista son os suplentes, destacou María González. Son Fernando Rodríguez Díaz, antiguo traballador do Concello, «que estuvo no goberno local nun momento moi duro e fixo un traballo grandísimo por A Rúa»; Avelina Pérez Blanco, Manuel Sánchez Rodríguez; Antonia González González, Franscisco  José Núñez Sánchez —«Fuco»—,  Ana María Fernández Vega e Jorge Rodríguez Estévez —«Látigo»—.

Antonia emocionada depois do agradecemento de María a súa laboura

María González dixo que o futuro de A Rúa non pasa por voltar á década floreciente dos 60, senón por mirar hacia adiante. Plantexou as súas catro líneas de goberno: a participación cidadá; o Camiño de Inverno, que «vai ser unha fonte de riqueza que situará A Rúa no mapa»; A Rúa como capital do godello, por reunir as principais adegas da Denominación de Orixe e, finalmente, A Rúa dos servizos. «Temos servizos que non teñen en otras cidades, nin en O Barco», reseñou.

María arrincou os aplausos dos seus acompañantes: Avelino, Ana e Iago

Tamén fixo o seu balance o fronte da alcaldía. Calificouna como un feito histórico pois por primeira vez o BNG acadou a alcaldía de A Rúa, e na figura dunha muller. Expresou que durante a súa xestión o Concello estivo aberto a todas as veciñas e veciños e que houbo transparencia. «Temos equipo e proxecto», dixo.

No aforo non cabía unha palla

E agradeceu aos seus compañeiros do BNG por confiar nela para liderar a candidatura, que «é moi potente»,  comentou, tamén a súa familia e ao seu compañeiro.  «Creo no poder da política para cambiar o mundo», sentenciou.

Ana Pontón falou de María e tamén das Eleccións Xerais

Pola súa banda, Ana Pontón, fixo un retrato de María González Albert, que «demostrou nestes últimos catro anos a súa valía, a súa capacidade, valentía e intelixencia. É a alcaldesa que precisa A Rúa». Tamén profundizou nas líneas das políticas municipais dos gobernos do BNG como «o de Allariz e moitos outros». E apelou á autoestima para transformar o municipio. Tamén falou das vindeiras eleccións xerais pois «en Madrid decídese todo e hai que cambiar a discriminación por un trato xusto para Galiza».

Iago Tabarés desfíxose en eloxios á candidata

Tamén falou Iago Tabarés, que fixo un repaso a traxectoria de María González, destacando que «empezamos xuntos. É unha persoa honesta e traballadora», valoró. E afondou nas eleccións xerais do 28 de abril, invitando ao cambio. Citou a despoboación e a falta de investimento para a provincia. «Hoxe en Ourense temos mais pensionistas que traballadores», argumentou, sinalando que «non vai a haber maiorías absolutas».

Avelino Fernández Seco presentando o acto

Ademais, o número dous da lista, Avelino Fernández Seco, fixo a presentación do acto. Incidiu nas cualidades de María González Albert, poñendo por diante que «é unha muller, ante todo moi traballadora, intelixente e valente».

Moitos aplausos e emocións a flor de pel ao remate do acto

También te puede interesar