María González Albert candidata de novo a alcaldía da Rúa baixo as siglas do BNG

9 febrero, 2019 A RÚA , ACTUALIDAD , AUDIO
María González Albert candidata de novo a alcaldía da Rúa baixo as siglas do BNG

O Grupo nacionalista ratificou a proposta da Asemblea Local para que a exalcaldesa encabece unha vez máis a súa candidatura A Rúa

O Consello Nacional do Bloque Nacionalista Galego reunido en Compostela na mañá de hoxe, sábado 9 de febreiro, vén de ratificar a proposta da Asemblea Local do BNG da Rúa para que María González Albert sexa a súa cabeza de cartel nas eleccións municipais do próximo 26 de Maio.

María Albert na votación da constitución da nova Corporación Municipal en xuño de 2015

Albert foi a primeira muller en ostentar o cargo de alcaldesa da Rúa, posto que ocupou entre os anos 2015 e 2017. O BNG aspira a revalidar e mellorar os seus bos resultados na vila valdeorresa nesta convocatoria electoral de 2019.

A prioridade neste momento e conformar a lista para intentar sacar os mellores resultados posibles para continuar o que empezaron hai catro anos.  «Queremos que haxa una certa continuidade nas lista, pero tamén unha renovación», sinalaba Albert ao respecto.

Falamos con María Albert nada máis coñecer a nova para que nos fixera unha valoración destes catro anos do concello e isto foi o que nos contou:

«O primeiro ano foi unha toma de contacto, houbo que aprender moito, tomar as rendas do concello, por moitas cousas o día; e, unha vez que estaba encamiñado cambiamos de alcaldía polo acordo de goberno que tiñamos», apunta Albert sobre os primeiros dous anos como alcaldesa.

Respecto aos proxectos prioritarios, Albert asegurou este medio que, están: o arranxo do problema de abastecemento de auga para a vila, a limpeza diaria das rúas que «preocupa tanto a veciñanza», afrontar o proxecto do Aguillón e o PXom.

Primeiras palabras de María G. Albert como alcaldesa da Rúa en xuño de 2015

Maria González Albert naceu na Rúa en 1977. É licenciada en xornalismo pola Universidade de Santiago de Compostela e nos últimos anos veu desenvolvendo a súa labor profesional na vila valdeorresa no campo da repostería creativa.

También te puede interesar