Manuel Agra: «María Victoria non só aprendeu a lingua, foi das primeiras en ensinala»

17 mayo, 2018
Manuel Agra: «María Victoria non só aprendeu a lingua, foi das primeiras en ensinala»
Publicidad

Con motivo de la celebración do Día das Letras Galegas, o Concello do Barco invitaba ao profesor de lingua e literatura galega, Manuel Agra Villar, xubilado este curso no IES Martaguisela do Barco, a impartir unha conferencia adicada á figura de María Victoria Moreno, homenaxeada deste ano. Somos Comarca falaba entón con él das súas impresións e sentimentos antes da charla, e esto foi o que nos contou:

Somos Comarca: ¿Qué supón para vostede, para ti, volver a Valdeorras a falar da homenaxeada das Letras Galegas deste ano?

Manuel Agra: En primeiro lugar, un compromiso grande, pero tamén unha gran alegría. Eu creo que Valdeorras é unha terra maravillosa e cada vez que teño que vir aquí, é un pracer. Non teño máis que palabras de agradecemento para toda a xente.

SC: Tras a xubilación, agora vives en terras coruñesas, ¿non é así?

MA: Estamos alá sí, pero non estamos desvinculados de Valdeorras, ao contrario, o meu pensamento está continuamente aquí.

SC: Foron moitos anos exercendo no IES Martaguisela, ¿non?

MA: Sí, 16 anos ensinando no centro, cuns compañeiros e alumnos maravillosos, non teño mais que palabras de gratitude para toda a comunidade educativa do IES Martaguisela.

SC: ¿Quén era María Victoria Moreno?

MA: Era unha profesora, escritora, persoa comprometida desde que chegou a Galicia coa lingua e coa literatura. Pero ela amaba tódolos campos que facía, era profesora, estaba moi convencida e orgullosa da súa profesión, sentíaa moito, e era escritora, amante dos libros, cunha gran cultura literaria, e foi unha gran comprometida coa lingua e cultura galegas, unha persoa que chegou a Galicia con 24 anos.

SC: E que aprendeu galego…

MA: Non só aprendeu galego senón que incluso deu clase. En anos que non era doado asistir a clases de galego, parece ser que no ano 72 daba clases incluso a profesores galegos. Naquel tempo non había clases regulamentadas, así nada máis chegar fixo un gran esforzo en dominar unha lingua para despois ensinala, dala a coñecer e estar orgulloso dela, que non era fácil para una persoa que viña de Extremadura.

SC: ¿Cómo lle pode calar a unha persoa o galego para que o abrace desta forma?

MA: Ela cando aprobou as oposicións estivo destinada no instituto masculino de Lugo, o IES Lucus Augusti. Alí coñeceu e tivo como compañeiro a Xesús Alonso Montero, entón imaxino que a oratoria deste home influiría nunha rapaza que ademáis lle gustaban as letras, a palabra, os libros. A partir deste momento, xurdiu o compromiso dela coa literatura galega. Dícia o seu segundo marido que un día atopou nun caixón da mesa de María Victoria un libro escrito en castelán que levaba moitos anos sen ver a luz porque estaba en castelán, o que denota a enorme fidelidade de María Victoria coa lingua.

SC: Chama a atención que a contemplaran como a persoa homenaxeada deste ano polas Letras Galegas, unha persoa doutra lingua que a abrazou con tanta forza que lle dan este merecido premio.

MA: A Real Academia Galega destaca eso, que axiña asumiu a cidadanía en galego e ademáis non soamente a asumiu, senón que contribuiu moitísimo a enriquecer as nosas letras no campo da literatura infantil e xuvenil, espazos que daquela non estaban aínda cubertos. Non foi só pioneira nese campo senón que ademais tivo un gran compromiso. A Academia recolle, entre os seus requisitos para adicarlle unha homenaxe a unha persoa, que teña unha obra relevante en galego, e María Victoria a tiña, e que poida poñerse de exemplo na sociedade galega de hoxe, requisito que también cumple a homenaxeada.  Evidentemente, o compromiso de María Victoria coa lingua e a cultura e coa profesión de mestre, sí que se pode poñer como exemplo á sociedade galega de hoxe.

SC: Profesión de mestre que compartides e que ten tantísima responsabilidade ten sobre os nenos…

MA: Eu cada vez estou máis convencido de que é unha profesión moi fermosa e tamén comparto moitas das ideas de María Victoria no sentido de que quizáis moitas veces o que está nos libros non é o que está na vida real; que moitas veces os libros e manuais non teñen conexión coa vida real. Ela concebía un ensino moi en contacto coa natureza e sobre todo é de destacar o gran cariño que denota María Victoria xa nos libros, nas dedicatorias dos libros, o gran cariño que lle tiña os seus alumnos e alumnas.

SC: ¿Foi María Victoria un exemplo?

MA: Dende logo, que unha persoa allea nun primeiro momento, se comprometa desa forma coa nosa cultura, coa nosa literatura, coa nosa lingua, paréceme admirable. Eu alégrome de que lle concederan as Letras Galegas porque é unha maneira de dar a coñecer a María Victoria, porque non tiñamos moita información dela. É interesante coñecer algo que nos pode servir como exemplo aos galegos, e que non se coñecía.

Agora só nos queda loitar todos para que en Valdeorras teñamos un día como o de María Victoria dedicado a Florencio Delgado Gurriarán. O feito de dedicarlle as Letras Galegas a unha persoa supón actos nos centros de Galicia, investigación dos estudosos da súa vida e da súa obra. Eu espero que chegado o momento podamos dicir o mesmo de Florencio.

 

También te puede interesar