Manolo García: «Teño 40 gatos, 9 cans, 5 vacas, 40 ovellas, 35 cabras, pitas e un burro»

7 octubre, 2018 ACTUALIDAD , AUDIO , GALERÍAS

O pasado 4 de outubro o traballo —máis ben o destino— levábame a San Xulián, un pobo do concello da Rúa que se atopa a 800 metros de altitude e a 6 quilómetros do centro da vila. Por ser a primeira vez que ía pareceume que estaba moito máis alto e moito máis lonxe.

Entrada ao pobo de San Xulián

Entrada ao pobo de San Xulián

A chegada á aldea —pareceume que entraba nun pasadizo que me levaba a principio de século y é que alí o tempo quedou ancorado— pregunteille a un veciño onde se atopaba a igrexa, «un pouco mais arriba, según vas, ao lado dereito», respondeu. Logo de darlle as grazas montei de novo no coche e fun en busca do meu «destino» —non era precisamente a igrexa que buscaba—.

Corredores de madeira coma os de antes e portas de cores

Quedei abraiada, parecía estar vivindo noutra época, nun pasado recente pero a vez lonxano. E, mirando as fiestras cas flores, as portas verdes e azuis, os corredores de madeira ou as pedras tan ben colocadas e aínda tan ben conservadas; cheguei a unha praza e tiven que refrotar os ollos, non cría todo o que estaba vendo.

Recibimento dun dos cans de Manolo achegada a praza dos animais

De súpeto atopeime con unha morea de gatos e cans, por certo saíron todos cara min ladrando. Por mor de non atropelalos detiven o coche, baixen a ventanilla e pregunteille a un home que estaba no alto das escaleiras, podería dicirme onde está a igrexa?  Sinalou cara abaixo, «está alí a esquerda».

Os gatos na praza

Os gatos na praza

Como unha é de verbo fácil e quere sabelo todo, pregunteille por todo o que estaba vendo e do que non daba creto. Manolo García —así se chama este apaixonado dos animais e da vida sinxela— e mais eu mantivemos unha conversa que vos deixo no audio.

Agardo que vos gustara tanto coma a min. Por certo, cando volvín ao coche, que quedara ca porta aberta atopeino cheo de gatos. Quedei con Manuel en subir outro día e que me contara máis historias.

Os gatos de Manolo agardaban dentro do meu coche

Cando saín de San Xulián o sol xa se estaba poñendo e deixou na miña retina unha espectacular imaxe da Rúa.

También te puede interesar