Mandalas de Cristais e Poemas nas Festas de San Antón

14 junio, 2017

A presentación do libro “Mandalas de Cristais e Poemas” tiña lugar en Fontei, A Rúa, o pasado 13 de xuño, cando a localidade celebraba as festas de San Antón.

Esta coautoría levada a cabo por Asunción Arias e Modesta García non naceu precisamente como unha publicación, senón que foi un experimento de ambas autoras, que trataban de poñer en común o significado destes Mandalas de cristais e pedras preciosas. Por unha banda, Modesta facíalle chegar as súas creacións a Asunción, que as convertía en poema.

Así, anos máis tarde decidiron publicar as súas achegas de cara ao fundamento destas figuras. No seu libro explican o funcionamento destes Mandalas, invitando ao lector a facer un exercicio práctico con eles, para ver qué lle transmite cada creación.

Na presentación desta obra, que tiña lugar na Casa Reitoral de Fontei, en A Rúa, estaban presentes as autoras, así como Asun Adá, encargada do deseño e a maquetación do libro e presentadora do acto; o profesor Federico Prieto; e o veciño da Casa Grande de Fontei, José Antonio Casanova.

Despois do acto os asistentes puideron degustar viños e pinchos da man da adega patrocinadora, a Adega San Paiolo. Ademais, para todos aqueles que acudiron á presentación, as autoras ofrecían un desconto de 8 euros nos exemplares, que están a venda oficialmente por 18 euros.

También te puede interesar