Máis de 20 hectáreas arden en Celavente, O Bolo

23 noviembre, 2017
Máis de 20 hectáreas arden en  Celavente, O Bolo
Publicidad

A Consellería do Medio Rural informa do control do incendio forestai rexistrados no concello do Bolo.

O incendio comezaba ás 18,10 h. de onte na parroquia de Celavente e dábase por controlado ás 05,09 h. desta madrugada. Afecta, segundo as primeiras estimacións, unha superficie de máis de 20 hectáreas. No seu control levan traballado 7 axentes, 16 brigadas, 8 motobombas e 1 pa.

A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Ademais, toda a información actualizada sobre incendios forestais poderá ser consultada na conta aberta de twitter: @incendios085.

También te puede interesar