Nenos e maiores celebran o Nadal na residencia Fátima do Barco

16 diciembre, 2019

Publicidad

Oitenta alumnos do colexio Condesa de Fenosa do barco achegáronse ata a residencia da terceira idade do Barco para cantar, bailar e até realizar unha obra de teatro

Os  nenos e nenas de infantil, terceiro e cuarto de primaria do CEIP Condesa de Fenosa do Barco achegáronse ata a residencia Nosa Señora de Fátima para compartir e amosar os maiores, algunhas das actuacións que farán no festival de Nadal. Será o vindeiro xoves no salón de actos do colexio.

Os máis pequenos, os de tres aniños, bailaron «Fun ao mercado», un divertido tema de María Fumaça  na que a protagonista é unha formiga.

Publicidad

A obra de teatro «Repunantiño» que versa sobre o especiais que «somos os galegos». Baseada na publicidade dun coñecido hipermercado galego, foi interpretada polos nenos de 3º A, do colexio do Barco.

Baile con traxe tradicional dos nenos do Condesa de Fenosa

Os de 4º A cantaron «Hoy es Navidad», tocaron coa frauta e tamén cantaron a popular panxoliña «Vinde a ver ó neno» e fixeron a unha coreografía sobre o popular xogo Fornite. Os de 4º B cantaron o tema de Luis Enrique, «Amor e alegría».

Mentres ó alumnado do Condesa de Fenosa, o acto serviulle como ensaio da actuación do festival de Nadal, os maiores valeulle para saír da rutina da vida diaria na residencia. « Gracias estas  actividades teñen algo distinto», subliñaba un dos mestres que acompañaron ós nenos até o centro de maiores.

Os residentes agasallaron a cada un dos nenos cunha manualidade  moi orixinal, un Papá Noel pintado por eles cuxa nariz era un Chupa Chus

Bonecos co que os residentes agasallaron os nenos

O alumnado do Condesa de Fenosa leva dous anos facendo actividades na residencia Fátima do Barco. Todos os meses achéganse até o centro para celebrar os aniversarios de nenos e maiores que nese mes cumpran anos. Tamén os convidaron ó magosto, ó desfile de Entroido e a todas aquelas actividades nos que se poidan sentir útiles. « Funcionan como axudantes,  é gratificante para as dúas partes. Séntense útiles e os nenos tamén teñen unha cercan ía. Todas as actividades onde se poden incluír alá van », explican desde o centro educativo.

También te puede interesar