Luis F. Gudiña: «Iberovinac é unha oportunidade para abrir mercado»

12 noviembre, 2018 A RÚA , ACTUALIDAD
Luis F. Gudiña: «Iberovinac é unha oportunidade para abrir mercado»
Luis F. Gudiña: «Iberovinac é unha oportunidade para abrir mercado»
Luis F. Gudiña: «Iberovinac é unha oportunidade para abrir mercado»

Un ano máis o Concello da Rúa ten un espazo en Iberovinac, el Salón del vino y la oliva, que se celebra en Almendralejo, cidade extremeña da que o concello valdeorrés é irmán. Para o alcalde, Luis Fernández Gudiña, esta é «unha oportunidade única de acudir a unha feira internacional» que ten un obxectivo final moi claro, «a promoción dos nosos viños nun contexto nacional e incluso internacional, nunha das mellores feiras deste tipo do sur de España».

Sete bodegas ruesas serán as que acompañen este ano a unha delegación que viaxa en representación do concello, aportando cada unha delas «dúas marcas que eles consideran importantes; unha delas a que participe na cara de presentación inicial». Ademáis, según conta o rexidor, «este ano levamos una novidade que nos pareceu interesante dar a coñecer, o vermut, o primeiro que se fai na comarca».

Hoxe daba comezo na comunidade de Extremadura un dos maiores eventos de promoción e exaltación da oliva e da uva, convertidas en líquidos de ouro para estas dúas cidades irmáns. Tres días por diante «nos que esperamos que esta promoción repercuta positivamente no coñecemento dos viños e nas propias adegas, e así podan abrir mercados fora da comunidade».

Para escoitar a entrevista completa a Luis Fernández Gudiña, alcalde de A Rúa, faga click:

También te puede interesar