Luis F. Gudiña, candidato socialista á alcaldía da Rúa por terceira vez consecutiva

6 marzo, 2019 A RÚA , ACTUALIDAD
Luis F. Gudiña, candidato socialista á alcaldía da Rúa por terceira vez consecutiva

O actual alcalde do concello quere «seguir desenrolando o seu proxecto»

A agrupación municipal socialista de A Rúa elixiu a Luis Fernández Gudiña coma o seu candidato á alcaldía da localidade. O actual alcalde preséntase por terceira lexislatura consecutiva ca intención de seguir desenrolando o seu proxecto para o municipio.

Luis Fernández explica que «nestes anos conseguiuse que A Rúa espertase dun letargo de varios anos de gobernos do Partido Popular e se adentrase no presente coa vista posta no futuro e apostando polo cumprimento dos obxectivos marcados e por recuperar facetas importantes para a veciñanza, coma a posta pola cultura, ca implantación do cine e a compra dun proxector dixital para dinamizar esta faceta cinematográfica que a veciñanza viña reclamando».

O actual rexedor socialista remarcou que «nestes anos de traballo conseguimos varios obxectivos importantes como o de dotar dunha cuberta en condicións o pavillón municipal para poder practicar deporte sen problemas de goteiras, tamén arranxamos os importantes problemas no abastecemento e na rede de saneamento, ademais de acometer obras importantes nas diferentes aldeas e na OU-603, a rúa principal da capital».

O candidato socialista apunta que «apostamos e seguirémolo facendo polas políticas sociais onde se incrementaron as horas adiadas a dependencia e axuda a domicilio nun concello que conta cun amplo número de poboación envellecida» e finaliza «tamén reforzamos as melloras para persoas con problemas de mobilidade e agardamos o apoio da veciñanza para seguir a acometer moitas máis melloras».

También te puede interesar