Loló e mamá encheu o Teatro Lauro Olmo

5 octubre, 2018
Loló e mamá encheu o Teatro Lauro Olmo
Loló e mamá encheu o Teatro Lauro Olmo
Loló e mamá encheu o Teatro Lauro Olmo
Loló e mamá encheu o Teatro Lauro Olmo
Loló e mamá encheu o Teatro Lauro Olmo
Loló e mamá encheu o Teatro Lauro Olmo
Loló e mamá encheu o Teatro Lauro Olmo
Publicidad

Xa deixa de ser anecdótico que o Teatro Municipal Lauro Olmo presente un aforo completo ou case cando hai obras de teatro, e esta semana volveu a ser así.

Se a semana pasada era a obra “A Leituga” a que facía que poucas butacas quedasen baleiras, sendo estas da zona do “galiñeiro”, esta semana a representación de Loló e mamá volveu a ser igual.

A obra amosa a situación na que Margot, a nai de Loló, queda no paro e decide instalarse na casa da súa filla, a un océano de distancia. Pero o que semellaba unha idea xenial que axudaría a xuntar unha familia desestructurada dende sempre, pronto se transforma en desastre. Como acolle unha filla o retorno da nai? Quen é a nai e quen é a filla cando é esta última a que ofrece casa e sustento? Canto tempo pode pasar ata que esta bomba de reloxería estoupe definitivamente?

Loló e Mamá fíxonos ver, grazas a un humor fino e acedo, que as cousas case nunca son o que parecen, que as relacións familiares case sempre son máis difíciles do que nos gustaría e, sobre todo, que o amor é unha ferramenta de dobre fío: canto máis se ama, máis se sofre.

Se queredes escoitar a entrevista que dende Radio Valdeorras se lle fixo a Stephy Llaryora, unha das protagonistas sa obra, só tes que premer na seguinte ligazón.

También te puede interesar