Larouco, Vilamartín e Trives reciben 45.000 euros en axudas da Deputación

11 octubre, 2018 ACTUALIDAD , LAROUCO , TRIVES , VILAMARTÍN
Larouco, Vilamartín e Trives reciben 45.000 euros en axudas da Deputación

A Deputación de Ourense ven de aprobar 500.000 euros en axudas para cooperación cos concellos ourensáns en materia de infraestructuras, cultura e deporte. No caso dos concellos da comarca de Valdeorras, as axudas ascenden a un total de casi 45.000 euros, dos cuais, 14.909 irán destinados á pavimentación e rehabilitación da rúa Igrexa Vella no concello de Larouco. Vilamartín recibirá unha axuda de 13.050 euros para a captación de auga no río Farelos, e outra de 17.000 euros para a mellora do firme en Surregos, Córgomo.

A estas axudas, súmase outra dun total de 25.000 euros para o Concello da Pobra de Trives que servirá para sufragar os gastos de funcionamento da Escola de Música e para a adquisición dun piano.

Imaxen: Escola Música Trives

 

 

También te puede interesar