La Xunta garantirá a conservación da Serra da Enciña da Lastra

20 mayo, 2016 ACTUALIDAD , RUBIÁ
La Xunta garantirá a conservación da Serra da Enciña da Lastra

O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, avanzou, tras a reunión do Consello da Xunta, a creación da primeira Rede de parques naturais de Galicia que permitirá unha xestión compartida e coordinada destes espazos, ademais de facilitar e garantir a conservación e o coñecemento da riqueza natural do territorio. Nesta Rede vanse incluír a Serra de Enciña da Lastra en Rubiá.

Feijóo precisou que a Rede de parques naturais será, a partir de agora, o instrumento baixo o cal se coordinará a xestión de todos os parques galegos; “coordinado e impulsado de xeito conxunto non só co Parque Nacional das Illas Atlánticas, senón tamén con outros espazos que pertenzan a diferentes figuras de protección”, aseverou.

Cómpre salientar que na actualidade Galicia conta con máis dun 12% do seu territorio ocupado por espazos naturais protexidos con algunha figura de protección.

o responsable autonómico afirmou que, de xeito inmediato, poranse en marcha varias actuacións para dinamizar estes espazos. Medidas entre as que destacou a instalación dunha nova sinalización na totalidade dos parques; así como a creación dunha nova aplicación para promover estes espazos no seu conxunto, ao tempo que se permite aos visitantes contar con información en tempo real a través dos seus dispositivos móbiles.

Así mesmo, tamén se porá en marcha unha nova páxina web da Rede, con información actualizada e centralizada nun mesmo espazo. Ademais, en colaboración coa Axencia de Turismo de Galicia, a Rede de parques terá un espazo propio na web de Turismo de Galicia.

Feijóo subliñou que as Consellerías de Educación e de Política Social tamén colaborarán no impulso a esta Rede, coa promoción nos centros educativos de ensino de Galicia e para levar a cabo un programa de voluntariado estable nos parques da Rede.

Máis alá destas actuacións inmediatas, Feijóo afirmou que coa creación desta rede promoverase e porase en valor as principais figuras do patrimonio natural galego. Trátase de converter os seis parques naturais, xunto co parque nacional, nun modelo de xestión compartido e coordinado.

Trátase dun reto que permitirá situar a marca Parques Naturais de Galicia no conxunto dos parques naturais de España e de Europa.De cara á creación e impulso desta rede, defínense tres eixes de desenvolvemento, a partir dos que se establecen: sete liñas de actuación concretas, así como 22 plans de acción e 51 medidas a impulsar.Feijóo aseverou que o primeiro obxectivo será a coordinación da Rede de parques de Galici

También te puede interesar