Juan Anta: «Non podemos perder a oportunidade de salvar as nosas raíces»

23 febrero, 2019 A VEIGA , ACTUALIDAD , AUDIO
Juan Anta: «Non podemos perder a oportunidade de salvar as nosas raíces»

A Veiga presenta esta tarde un estudo antropolóxico sobre os personaxes tradicionais do seu Entroido

O Charrelo, A Morte, O Boi, As Vellas, e outros tantos personaxes típicos do «Entrudio» da Veiga, serán hoxe protagonistas na presentación do estudo antropolóxico Personaxes e máscaras de Entroido que terá lugar ás 17:00 horas na sala O Toural. «Ese Charrelo vai a estar agora documentado co rigor de profesionais de primeiro nivel, expertos investigadores, ca testemuña de veciños de máis de 80 anos, seu orixe estará avalado e recuperado para sempre», conta Juan Anta, alcalde do municipio e principal promotor da iniciativa.

Charrelo durante o pasado Entroido na Veiga

Esta tarde, o traballo de investigación coordinado por Fátima Braña e realizado por Carlos Xabier Ares, Lois Pardo e Vítor Rodríguez, referentes absolutos do entroido galego, será posto a disposición de todo aquel que queira achegarse a coñecelo.

Anta o pasado Entroido coas máscaras da Veiga, non levan as cintas por mor da choiva

Alí estarán parte dos protagonistas para contalo, para expoñer «catro meses de escoitas, entrevistas, transcripcións e dedicación, que deron coma resultado un estudo que recolle a nosa tradición ancestral da maneira máis fidedigna e con moito mimo», asegura Anta.

Eles son o futuro e o garante de que as tradicións continúen no tempo

Para o rexidor, as raíces son a identidade dun pobo e «non podemos perder a oportunidade de salvalas» porque de perderse, perderíase tamén «o encanto do Entroido».

Charrelo no Entroido de 2017

Se queres escoitar a entrevista completa de Juan Anta, alcalde de A Veiga, fai click na seguinte ligazón:

También te puede interesar