José Rúa: «A carencia do Camiño sigue sendo a falta de albergues»

10 noviembre, 2019 ACTUALIDAD , CAMIÑO INVERNO
José Rúa: «A carencia do Camiño sigue sendo a falta de albergues»

O autor de “Guía del Camino de Invierno”, que xa vai pola quinta edición, recolle neste manual toda a información que precisan os peregríns

Asunción Arias, presidenta da Asociación de Amigos do Camiño de Santiago por Valdeorras e propietaria da editorial Pena Dauga; José Rúa, autor da «Guía del Camino de Invierno», que xa vai pola quinta edición; e o zaragozano Lorenzo Gasca deron a coñecer as novedades incluidas na citada guía, un manual de gran axuda para os peregríns.

José Rúa xa fixo o Camiño 30 veces, experiencia que lle levou a escribir a citada guía no 2010, que acutaliza constantemente. Conta con 138 páxinas, 100 fotos, 11 perfiles de altitude, 25 mapas, planos das rúas, información de etapas, albergues, taxis, horarios de misas, selado das credenciais, recorrido e talleres para bicicletas, ademais dunha relación de fisioterapeutas e masaxistas, entre outros. A guía tamén está escrita en inglés.

José, Enrique e Lorenzo ó inicio do Camiño de Inverno en Ponferrada

«Non é a mellor guía do mundo, pero sí que é a única guía xeneralista do Camiño que ten horario de misas e relación de fisioterapeutas», conta, para engadir que todos os anos fai o Camiño e incorpora as novedades o citado manual.

José Rúa descubriu o Camiño de Inverno en 2010. Quería volver aos camiños medievais, fuxir da masificación. Entón, fíxose con mapas do Exército e escomenzou a investigar. Comprobou que na bisbarra de O Bierzo aínda había sinalización. Pero a entrada a Galicia por Valdeorras «era un desastre naquela data». A partires disa experiencia xurdiu a idea de facer a guía. En xaneiro de 2011 publicou a primeira guía ata chegar a cumprir a quinta edición actual. «Cada vez que hai unha variación no Camiño a actualizo», indica.

José D. Rúa selando a súa credencial en Quiroga

Ao seu xuizo, o problema do Camiño sigue sendo a falta de albergues. «E a pescada que se move a cola. Si non hai albergues, non hai peregrinos, e á inversa. Hai que romper con este círculo vicioso e as que teñen que loitar son as Administracións», puntualiza.

Insta a apertura do albergue de A Rúa, mentres que lamenta que en O Barco, a vila mais importante da comarca, está ubicando «no quinto pino, e dicir, en Xagoaza onde non hai donde comprar nada». Por iste motivo, cita que non ten demanda. «Nós fumos os primeiros peregrinos en utilizalo, lle quitamos os plásticos das colchonetas cando se estreou. Somos os únicos que, prácticamente, durmimos alí», conta.


Publicidad

Recorda que dende A Rúa a Quiroga —Lugo— hai unha distancia moi longa e os peregríns non teñen onde aloxarse. E cita unha anécdota para exemplificalo, a dun inglés que fixo o tramo dende A Rúa ata Montefurado. «Colleu un tren de volta A Rúa. E despois volveuno a tomar ata Montefurado para seguir o Camiño», dí.

Considera, pois, que poñer albergues nas vilas importantes é unha prioridade e que a segunda fase pasaría por habilitar establecementos hosteleros para poder tomar un bocadillo. «En Soldón, por exemplo, despois de camiñar moitos kilómetros, non hai nada».

Rúa e Gasca nas Médulas

Recorda que todos os peregríns falan da beleza extraordinaria do Camiño de Inverno e apunta que hai que ir mais lonxe, que «ademais do río, viñedo e a paisaxe, poidan descubrir o seu patrimonio».

Pola súa banda, Asunción Arias Lorenzo, di que o mais importante é que os propios veciños de Valdeorras crean no Camiño para poñelo en valor. «Moitos descoñecen os valores culturais, patrimoniais e etnográficos da zona. Son os propios lugareños os que teñen que darlle o valor e para iso teñen que coñecelo».

Lorenzo Gazca mostrando a súa credencial para que lle poñan o selo

Lorenzo Gascón, zaragozano que axuda a proxectar a imaxe do Camiño, conta que cada vez hai mais peregrinos que escollen esta ruta xacobea. Ata de agora pasaron, aproximadamente, 900, unha cifra inexacta pois non computa os que veñen en autobús, os que non selan a Compostela e os que fan o Camiño mediante turismo enolóxico en concerto cas bodegas de viño.

Todos eles coinciden en que o fenómeno do Camiño de Inverno está crecendo e que é unha ruta xacobea con futuro que, ademais, pode facerse en calquera mes do ano, nevando, chovendo ou con sol.

Se queres escoitar a entrevista con José D. Rúa, Asunción Arias e Lorenzo Gazca,preme na seguinte ligazón:

También te puede interesar