José María Palmeiro: «Fixemos o Camiño para chamar a atención en cada tramo da Ruta Xacobea»

27 octubre, 2018 ACTUALIDAD , AUDIO , CAMIÑO INVERNO

A Asociación de Periodistas e Estudosos do Camiño de Santiago — APECSA— que conmemora o 25 aniversario do Xacobeo 93 e da declaración da Ruta Xacobea como Patrimonio Mundial, recorreu. na mañá do 27 de outubro. o tramo do Camiño de Inverno entre O Barco e A Rúa, facendo parada en Vilamartín.

Camiñantes pasando por onde o mojón situado no Bañadoiro en Vilamartín

Este é o cuarto tramo, de nove que van facer por outros tantos Camiños Xacobeos, para a subliñar a importancia dos 25 anos . Comezaron o pasado 6 de outubro no Camiño da Prata en Ourense, seguiron entre Valença e Tui polo Camiño Portugués, continuaron polo Primitivo preto de Lugo e rematarán o 1 de decembro no Camiño Inglés entre A Coruña e Santiago.

José María Palmeiro nun tramo do Camiño coa pasarela de Penouta ao fondo

A camiñada sumáronse a concelleira de Turismo do Barco, Irene Dacal, o alcalde da Rúa, Luis Gudiña, o de Vilamartín, Enrique Álvarez e o de Petín, Miguel Bautista.

Enrique, Miguel e Luis alcaldes de Vilamartín, Petín e A Rúa, na camiñada

A ruta percorreu unha distancia de 7 km entre O Barco e Vilamartín, coñecendo tramos históricos do Camiño. Comezaron ás 10:15 horas no aparcadoiro final do Paseo do Malecón, na confluencia das rúas Ourense, Coruña e Barco de Ávila. Dende alí chegarán á capela románica de A Proba, que data do século XII. As 12:30 horas a expedición chegou a Vilamartín, onde se lles serviu uns pinchos para repor forzas. No Bañadoiro puideron ver o recén reformado albergue de peregrinos. Rematou a camiñada na Rúa cun xantar‐coloquio.

Pinchada nos arredores do albergue

Pinchada nos arredores do albergue

A asociación APECSA que preside José María Palmeiro púxose en marcha no ano 1992 para potenciar o «mundo Xacobeo» e co Camiño de Santiago en particular. Segundo Palmeiro estas camiñadas serven para: «Chamada de atención, promoción, para levantar bandeira e dicir estamos aquí».

A camiñada tamén se uniu un auxiliar de conversa de Atlanta que está por Terras de Valdeorras

Se queres ouvir a conversa que mantivemos con José María Palmeiro escoita o audio:

También te puede interesar