José Fernández: “Os Encontros amosarán o punto de vista biolóxico da conducta violenta”

6 febrero, 2018 ACTUALIDAD , CULTURA , EVENTOS , O BARCO
José Fernández: “Os Encontros amosarán o punto de vista biolóxico da conducta violenta”

Co cartel anunciante da XVII Edición dos Encontros Familia-Escola a piques de saír ás rúas, José Fernández, director da asociación organizadora, Vagalume Valdeorras, relata a importancia da temática escollida este ano, a violencia, “de plena actualidade”. Os Encontros ofrecerán ás persoas que se acheguen ás ponencias “unha nova perspectiva coa que abordala, aquela que implica os condicionantes bioloxicos”, de ahí o titulo desta edición: Neurofisioloxía da Violencia.

Somos Comarca: A violencia é un tema moi tratado na actualidade, pero a óptica escollida por vós para tratar o tema, é algo moi novedoso…

José Fernández: O que é certo, é que para poñer remedio a un problema, compre coñecer a orixe do mesmo. Moitas veces, aínda que hai oríxenes de tipo social, tamén os hai de tipo biolóxico, de feito, é unha combinación de ambos o que da lugar a que existan fenómenos violentos. Ata o de agora, sempre se miraba o tema dende o punto de vista social, qué se pode facer na casa, qué se pode facer na escola, buscando sempre tratamento conductivo e castigando á violencia, premiando a súa ausencia.

Pero os avances en neurociencia están aportando datos en tódalas ramas do saber, e tamén nesta. O cerebro é o responsable da nosa conducta, é un órgano executor que moitas veces escapa ao propio control do individuo. Iso pode dar lugar a manifestacións violentas, ou doutro tipo, artísticas ou solidarias por exemplo. A neurofisioloxía pretende ver dentro da base do cerebro, qué áreas son as que interveñen no fenómeno da violencia. Analiza estudios que se teñen realizado con persoas violentas, psicopáticas, que nos dan unha idea de cómo é o funcionamento do cerebro nesas persoas ante unhas circunstancias determinadas.

SC: E unha vez se comprende o seu funcionamento, poderá correxirse…

JF: Efectivamente. Esto sirve para comprender o cerebro do individuo. Os estudios din que sobre todo é na etapa da infancia e adolescencia cando se constitúe a forma de actuar, todo o que fagamos noso nesas idades condicionará moito o funcionamento posterior do cerebro.

SC: Polo voso contacto diario coa infancia e xuventude da comarca, supoño que desgraciadamente teredes moita experiencia no trato da violencia, en moitas das súas manifestacións…

JF: Así é. Existen moitos casos de alumnos que non sempre son conscientes da súa conducta. Son actos que se escapan ao seu propio control. Eu no centro onde traballo, sempre escoito cousas coma: “… e que me castigaron, ou me expulsaron, e eu non fixen nada”. Esa resposta nos colexios é moi habitual porque moitas veces os rapaces non son conscientes de determinados actos que se realizan baixo un estado impulsivo, non hai reflexión nin por suposto, asunción da propia conducta, por iso correxila é complicado porque primeiro hai que empezar por recoñecer que esa conducta que se produciu non está permitida.

SC: ¿Estamos, os adultos, facendo as cousas ben? Porque non sei se agora se lle da máis visibilidade, ou realmente os casos de acoso escolar estanse multiplicando…

A violencia sempre estivo ahí e en principio se pode interpretar coma un recurso de supervivencia do ser humano, coma do resto dos animais. É lexítimo exercer a violencia para defenderse, para protexer a propia vida, pero o problemático é cando a violencia xurde sin que haxa un estímulo que a desencadene, cando un non corre perigo ningún, senón que xurde por unha diferencia mínima de criterio ou opinión. Ese é o verdadeiro problema.

As reacciones violentas están mediatizadas polo funcionamento cerebral de cada un e tamén pola asunción dos distintos condicionamentos sociais que nos impón a sociedade. O que pasa é que hai moitas persoas que eses condicionamentos sociais non os ten asumido e por conseguinte expresan a súa violencia sin que haxa mediación algunha para tratar de contrarrestala. Ahí está a labor educativa, social e da familia. Non temos que preguntarnos en qué fallamos na familia ou na escola, a violencia está implantada na propia raíz da sociedade e os recursos para combatila teñen que provir da propia sociedade.

Por exemplo, non vale facer unha campaña publicitaria de televisión e despóis que no mesmo medio se ofrezan patrones de violencia cada cinco minutos, contrarios aos que acabamos de ver na campaña publicitaria. Debe haber unha coherencia moito maior a nivel social entre o que contamos, o que facemos, e o que nos venden.

SC: Vagalume tamén quixo contribuir a facer visible o problema do acoso escolar cun vídeo impactante titulado Bullying Zero que fixéstedes vós mesmos…

JF: É un vídeo que sinceramente pensó que quedou moi ben, con actores e actrices que non son profesionais nin moito menos, que o fixeron extraordinariamente ben. O feito é que trátase dunha realidade cotiá nos centros, que sucede con máis frecuencia da que debería. Ao mesmo tempo, o que queremos é darlle visibilidade a ese problema que está en tódolos ámbitos, porque non sempre é visible e non sempre o recoñecemos. A veces incluso se da en circunstancias que parecen incribles, entón chegamos incluso á negación de este propio fenómeno.

Creo que pode servir para concienciar, para dicir que está ahí, que temos que ter os ollos o máis abertos posible, porque non é tan explícito como aparece no vídeo, son correntes subterráneas que se nos escapan á observación dos pais, do profesor, quizá a quen menos se lles escapa é aos compañeiros. De ahí que cando falamos de indicios de bullying ou acaso, a información máis valiosa non a aporta o propio interesado, senón que a aportan os compañeiros desinteresadamente.

Pasa que, cando fas unha serie de preguntas sobre a conducta do entrevistado, e ao mesmo tempo preguntas polas conductas dos demáis, nunca teñen inconvinte en dicir que se meten con fulanito. Pero cando se trata de falar dun mesmo, sobre todo a certas idades, incluso aínda que o esté a pasar mal, o rapaz non o contará tan fácilmente porque non quere ser un chivato segregado do grupo. Desa forma chegamos a obter unha informaicion valiosa que doutro xeito sería imposible de acceder a ela.

Bullying zero

Dende Vagalume Valdeorras, realizamos este video co obxectivo de contribuir á concienciación sobre un fenómeno, triste fenómeno, que moitos dos nosos fillos ou alumnos sofren a diario: O acoso escolar. Agradecemos que todos os centros educativos o fagan chegar ao seu alumnado, pais e nais, e lle dean a máxima difusión.

Publicado por Vagalume Valdeorras en Lunes, 22 de enero de 2018

SC: A neurofisioloxía da violencia preséntase coma un tema novedoso e difícil de abordar, un reto supoño para os ponentes invitados…

JF: A xente que ten vido ao longo destes 17 anos son a envexa de moitas ciudades e os Encontros de Vagalume son coñecidos a nivel Galicia. Agora se están facendo proxectos de este tipo que moven a moitos profesores. En Valdeorras temos a sorte de que os temas que se empezarn agora a falar noutros sitios, no Barco lévanse tratando xa moitos anos, hai unha gran base, por exemplo a necesidade de que a intelixencia emocional entre nas escolas. Estamos satisfeitos de ter contribuido a que ese campo se fixera visible despertando o interese por él. E de que nas escolas se aborde.

Desta vez contaremos con nomes como: Javier Cudeiro, Mar Romera, Casto Rivadulla, Fidel Delgado, Iñaki Piñuel e Begoña Ibarrola.

SC: ¿Non crees que precisamente, a maior riqueza que posúen os Encontros é precisamente iso, que son abertos a alumnos, pais, mestres e a calqueira interesado?

JF: Os Encontros naceron así. Familia-Escola. Os primeiros que se fixeron, apenas sen recursos, chamaron a atención e o interese, a Casa da Cultura de entonces estaba chea. A implicación dos pais era extraordinaria, neste momento quizáis non tanto como naquel, pero foi tomando distintos matices ao longo da súa historia. Nós seguimos satisfeitos coa repercusión que ten e cada ano por estas datas a xente xa empeza a preguntar. Iso axuda a seguir traballando. Se fai ca mellor vontade e coa intención de chegar a todos os estamentos implicados. A asistencia é considerable, eso é que resulta de interese e despóis de 17 anos seguir mantendo o interese nunha charla de educación é unha hazaña.

 

También te puede interesar