J.A. Quiroga: «Non hai concienciación cidadá no problema da velutina»

10 febrero, 2019 ACTUALIDAD , AUDIO , O BARCO
J.A. Quiroga: «Non hai concienciación cidadá no problema da velutina»

O xerente de Sergal asegura que a velutina veu para quedarse e debemos combatir a súa propagación sin riscos e respectando o medio ambiente

«O problema da velutina é presente e futuro». Jose Antonio Quiroga, gerente de Sergal, asegura que a especie invasora «veu para quedarse» e que os feitos así o corroboran. «Cando na provincia de Ourense fai seis ou oito meses prácticamente non había presencia, agora se está incrementando, e cada vez máis rápido», conta, «e aínda o peor está por chegar».

A búsqueda dunha solución para frenar o seu avance, sen embargo, non está sendo tan rápida. «Non hai unha gran investigación enfocada a elo, non hai apoio administrativo», explica Quiroga, e o que para él é máis importante, «non hai concienciación da cidadanía; a xente non sabe cando está de diante dun niño de velutina ou da autóctona abella crabro».

Jose Antonio Quiroga o ten moi claro, «a velutina combátese quitándoa», pero non a calqueira prezo. «Habería dúas fases, unha, a protección da abella crabro, e outra, a eliminación da velutina tentando evitar a súa propagación» explica. Nesta última faceta, os concellos que comezaron a ter o problema en Valdeorras «foron quitando niños como e cando se podía, acudindo a Protección Civil».

O descoñecemento e a premura de actuación fixo que xente sen experiencia en plagas deste tipo se enfrontara a un grave problema. «Están aplicando biocidas e non teñen a titulación necesaria para facelo, están infringindo a lei, e se algun día hai unha intoxicación, veremos quen asumirá esa responsabilidade», explicou Quiroga.

O equipo humano de Sergal está composto de especialistas en control e xestión de plagas. Tras recibir o aviso dun posible niño de velutina, «localizamos a súa situación e procedemos a retiralo aplicando un insecticida ou facendo unha voladura de niño». Tras esta primeira evaluación, estudiase o entorno e os riscos, elaborando un plan de actuación que se levará a cabo.

Se desexan escoitar a entrevista completa a Jose Antonio Quiroga, de Sergal, preman a seguinte ligazón:

También te puede interesar