Vilamartín, celebrou o 6 agosto a mostra Inxertarte, que lle deu un contido cultural e didáctico a Festa das Covas.
Con expositores de inxerta, pedra, tecidos, ferro, madeira e viño, o concello quixo mesturar os coñecementos no mundo do viño e a as artes. Púxose en valor e deuse a coñecer os traballos que forman parte da vida do campo, ademais nos bares e restaurantes degustaronse pratos da cociña tradicional galega: pulpo, lacón con grelos, caldo, empanada ou bica.
Un carro de bois, cargado cunha cuba de viño, foi outro dos atractivos da mostra, na que se puido mercar artesanía en coiro, lousa, tecido, vidro...
Inxertarte permaneceu aberta ate minutos antes de comezar a Festa das Covas.
Esta idea de Amancio Delgado, e levada a cabo polo concello, nace ca intención de continuidade no tempo. Ademais Delgado suliñou o descubrimento de documentos e testemuñas nas labouras tradicionais que non se deben perder.