lunes. 30.06.2025
Concellos

Inchables e bailes nos festivais de fin de curso dos colexios da Rúa, Vilamartín e Rubiá

As comunidades educativas dos colexios de Vilamartín, Rubiá e A Rúa celebraron o fin de curso con actividades do máis diverso, o factor común fa todos eles foron os inchables

As típicas «colchonetas», onde saltar e brincar; bailes con todo tipo de música e vestimentas, teatro, demostracións de ximnasia rítmica e até unha festa de escuma foron algunhas das maneiras de celebrar o fin de curso nos colexios da Rua, Vilamartín e Rubiá.

Os máis pequenos do colexio de Vilamartín viviron e desfrutaron a festa

CEIP Xosé Manuel

Folla Respino de Vilamartín

No colexio de Vilamartín graduáronse os nenos e nenas de 6º de Primaria e houbo unha festa para toda a comunidade escolar. A presentación de fotografías  nunha pantalla dos rapaces que se graduaron «foi moi emotiva», xa que ían desde que entraron no centro educativo até este derradeiro curso.



Os pequenos leron unha poesía e, para todos, inchables e festa de escuma de cores, así como unha gran merenda, obsequio da ANPA quen quixo agradecer a empresa Joypa a súa colaboración. Tamén quixeron transmitir a través deste medio o seu agradecemento aos profesores e xente allea a comunidade que os axudou durante o curso e fixeron un chamamento especial: «Desde a ANPA queremos que os papas do municipio traian os nenos este cole, que non os leven fora do pobo, que se non quedaremos sen centro en pouco tempo».

Inchables no patio do colexio Manuel Respino da Rúa

CEIP Manuel Folla

Respino da Rúa

Neste centro educativo o primordial foi o exercicio. Ademais de partidos de fútbol e baloncesto tamén tiveron unha demostración de ximnasia rítmica. Non faltaron as «colchonetas» para saltar e brincar, aínda que a actividade e o broche de ouro a este fin de curso está por vir.



O luns achegaranse até a Veiga para contemplar as estrelas neste incríble destino Starlight. Está organizada e promovida pola ANPA que este ano realizaron multitude de actividade.

A temática hawaiana triunfou no colexio San Pablo VI da Rúa

Colexio San Pablo

VI A Rúa

«Un final de

curso con sabor a felicidade», dicían desde o centro diocesano. «Brillou o

cariño, unido sempre a ese gran don da alegría que sempre lle acompaña»,

engadiron.

A celebración deste final de curso no colexio Pablo VI, por todo o alto, foi para os de Infantil  e estendeuse a unha pequena parte de primaria xa que o resto dos alumnos están desfrutando duna excursión ao Parque Warner, en Madrid.



Unha festa

hawaiana con baile, xogos, picoteo e inchables. Maiores e pequenos desfrutaron

non só cas actividades senón tamén «coa amizade e a alegría de celebrar que hai

que rematar un curso para empezar outro con máis gañas.

Os graduados de Infantil do VIrxe do Camiño de Rubiá

CEIP Virxe do

Camiño de Rubiá

No colexio de Rubiá graduáronse os nenos e nenas de 5 aniños de educación infantil e, as rapazas de 6º de educación primaria acompañadas dos «profes» Felipe e Isaac respectivamente. Despois houbo inchables toda a maña e unha comida popular no comedor escolar para toda a comunidade educativa.


Inchables e bailes nos festivais de fin de curso dos colexios da Rúa, Vilamartín e Rubiá