Os veciños de Casaio evitan que arda unha vivenda

4 febrero, 2018
Os veciños de Casaio evitan que arda unha vivenda
Publicidad

Ás 11:55 o Centro de Atención de Emerxencias (CAE112 Galicia), recibía unha chamada desde Casaio que avisaba que estaba a arder a cheminea dunha vivenda, adicada a establecemento de turismo rural, situada preto da igrexa . Desde o CAE112 avisábase ao Parque de Bombeiros de Valdeorras, ao Grupo de Emerxencias Supramunicipal, “GES” e Garda Civil.

 

Ges de Valdeorras no incendio de Casaio

Ges de Valdeorras no incendio de Casaio

 

A prontitude coa que actuaron os veciños serviu para que as lapas non se propagaran ao resto da vivenda e incluso as casas que estaban ao seu carón. Trátase dunha vivenda usada como casa de turismo rural, no momento en que se produciu o lume estaba ocupada por uns hóspedes, pero non hai que lamentar vítimas. O lume produciuse no tiro dunha cheminea de leña e deseguido propagouse polo tellado.

 

Veciños de Casaio na extinción das lapas

Veciños de Casaio na extinción das lapas

 

O primeiro en chegar o lugar foi a patrulla da Garda Civil, os que seguiu os GES e os bombeiros, cando estes chegaron o lume estaba controlado  gracias a prontitude coa que todos os veciños acudiron a axudar na extinción.  Y é que, o Parque de Bombeiros de Valdeorras queda a 45 km. de Casaio y O Barco, que é o lugar desde onde parten o GES a 35 Km. Así que por moita presa que se dean, as distancias son as que son e o tempo en recorrelas é considerable.

 

 

Os bombeiros quitaron as lousas e refrescaron todo o tellado para que non prendese ningún refugallo. En torno as 12:30 quedou extinguido.

Fotos cedidas.

También te puede interesar