II Edición do concurso de fotografía “Olladas da Igualdade” en A Rúa

22 febrero, 2017
II Edición do concurso de fotografía “Olladas da Igualdade” en A Rúa
Publicidad

Con motivo da celebración do Día Internacional da Muller o vindeiro 8 de marzo, o Concello de A Rúa organiza a segunda edición do concurso de fotografía “Olladas de Igualdade”, co fin de visibilizar o traballo da muller e destacar a necesidade da igualdade laboral entre homes e mulleres.

A data límite para presentar os orixinais a este certame será o vindeiro día 6 de marzo. Pode presentarse a este concurso todo aquel que o desexe, co único requisito de ser maior de 18 anos.  O fallo do xurado darase a coñecer o mesmo 8 de Marzo e cos orixinais presentados realizarase  unha exposición conxunta no Centro Cultural Avenida de A Rúa. A exposición prolongarase durante todo o mes de marzo. O xurado estará composto pola alcaldesa de A Rúa, María González Albert, dous representantes do mundo cultural e dous do mundo da fotografía. Estableceranse tres gañadores: o primeiro premio será de 150 euros, o segundo de 75 e o terceiro de 50.

As características técnicas dos traballos a presentar, así como o rango de premios, prazos de envío e demáis datos do concurso están recollidos nas Bases do Concurso, que poden ser consultadas no tablón de anuncios do concello ou na páxina web do concello de A Rúa.

O ano pasado, na primeira edición deste concurso, o gañador foi o rués Luis Sánchez García, e a fotografía gañadora levaba o título “Na leira”.

A alcaldesa de A Rúa, María González Albert recorda que “malia que o ano pasado non houbo moitos orixinais, si houbo moita calidade e contamos con boa participación, incluso de fóra da comarca. Esperamos que este ano sexa igual de satisfactorio”.

También te puede interesar