A Veiga convoca a segunda edición do concurso de fotografía

14 noviembre, 2017 A VEIGA , ACTUALIDAD
A Veiga convoca a segunda edición do concurso de fotografía

O Concello da Veiga convoca por segundo ano consecutivo o II Concurso de Fotografía  Destino Turístico Starlight Trevinca, adicado á fotografía de paisaxe natural e humano relacionado co Concello, que ten como finalidade a posta en valor e coñecemento das características tanto do patrimonio tanxíbel como intanxíbel presente nas particularidades do territorio.

Poderanse presentar todas aquelas persoas que o desexen. Os temas versarán sobre a paisaxe natural e debe recoñecerse con claridade a presenza do Concello da Veiga xa sexa a través de espazos, localizacións  e características ou simboloxías de Concello. Este concurso só aceptará un  máximo de tres fotografías por participante, que deben estar tomadas no ano 2017 en cor ou branco e negro con máquina analóxica ou dixital.

Premios

1º Premio 200€

2ºpremio 100€

3ºPremio 50€

4º premio 100€

  • O cuarto premio terá a consideración especial Destino Turístico Starlight Trevinca que se concederá a mellor fotografía nocturna.

Criterios que serán tidos en conta

  • Captación do espazo tempo da paisaxe.
  • Carácter artístico da paisaxe.
  • Calidade técnica fotográfica .

Forma de presentalas fotografías

As fotografías presentaranse en forma de plica de dúas  formas  seguindo as bases publicadas

  • Nun CD en sobre  grande cerrado onde se escribirá exclusivamente II Concurso de fotografía Destino Turístico Starlight  e un pseudónimo elixido polo autor.
  • Enviar un correo trevincastarlight@gmail.com todos os arquivos incluídos no CD nunha soa carpeta.

(Véxase bases expostas no taboleiro do Concello)

Prazo de presentación

Dende a publicación  das  bases  ata o 18 de Decembro ambos inclusive

 

Actuarán como xurado tres profesionais  de  relevancia adicados á fotografía que teñen unha especial vinculación co territorio e a súa promoción turística.Logo do éxito acadado o ano pasado, este Concello anima a todas aquelas persoas interesadas a participar.

También te puede interesar